Redondela en curto

O actor pontevedrés Celso Bugallo, gañador dun premio Goya pola súa interpretación na película “Mar adentro” de Alejandro Amenábar, apadriñará o Festival de cine “Redondela en Curto”, que comenza hoxe 22 de abril, a partir das 21.00 horas, no Multiusos de A Xunqueira.

A xornada inagural abrirase cun espectáculo de sombras chinas realizado polo grupo de títeres Tanxarina e a proyección dunha cortometraxe histórica titulada “Miña aldea”, realizada en 1964 polo cineasta redondelano Rafael Luca de Tena.

A continuación comenzará o pase dos tres primeiros curtos do concurso: “7:35 AM”, de Nacho Vigalondo; “La ruta natural”, de Alex Pastor; e “Soy Raquel”, de César Vallejo.

Pola noite, ás 24.00 horas, proxectarase outros seis curtos fora de concurso no Pub Vinchuca, na rúa Meixón Frío.

Na xornada de mañán celebraranse tres pases no Cine 2R (12.00, 16.30 e 18.30 horas) e outros cinco pases no Multiusos (12.00, 16.30, 18.30, 20.00 e 22.00 horas), de catro curtos cada un. Nambos casos, o prezo das entradas será de un euro por pase.

O día pecharase na discoteca Diva 04, ás 24.00 horas, cunha actuación de teatro a cargo da compañía Mediavolta, que porá en escea a obra “Alucine”. Trátase dunha divertida parodia de esceas de películas.

O festival “Redondela en Curto” rematará o domingo con dous pases no Multiusos, ás 16.30 e ás 18.30 horas, e a entrega de premios ás 20.00 horas.

www.redondelaencurto.com