Novo C.D de Os Cempés: 11 anos

Xa ese está a Fabricar o novo C.D. de os Cempés: 11 anos

Atoparedes nel unha selección remasterizada dos tres primeiros Traballos publicados polo grupo ¡¡Opa iii! 1995, Capitan Re (1997) e Circo montecuruto (2001) e unha nova peza de regalo especialmente creada para celebrar e amplificar o evento:

MISTERIO
En este C.D. recopilatorio dos tres primeiros traballos de Os Cempés case imposibles de atopar nas tendas e sen proxecto de reedición aparece unha nova version do tema “A Carolina” do ultimo traballo Moe a Moa (2004) ¡ainda á venda!. na que colaboran tres grandes nomes da escea musical e mediática Mundial… Quen serán?

CONCURSO
Esa é a cuestión, o venres 29 no incombustible show TeleGaiteiro “Luar” desvelarese o segredo mais se pensades que podedes acertar eses tres nomes, mandade un e-mail ca resposta e o voso nome a info@oscempes.com e sabede que os 4 primeiros en acertar recibiran un C.D. firmado polo grupo e un poster de Os Cempés.

NOVA WEB
Sabede Tamén que Os Cempés “11 Anos” non se distribue en Tendas so nos concertos e para que teñades a oportunidade de mercalo iniciaremos unha minixira en Maio da que teredes as datas e lugar dos concertos na flamante nova páxina oficial do grupo: www.oscempes.com

Tamén en esa páxina apareceran os gañadores do concurso, e as respostas que non acertaron (interesante non?), un taboleiro de libre opinión, a sección “A Taberna” onde atoparedes momentos reais e irreais de eses 11 anos en Audio, etc.