I Certame de CHARANGAS e CUARTETOS TRADICIONAIS

XXXII FESTA GASTRONÓMICA DO SALMON
A Estrada, 15 de maio de 2005

BASES DE PARTICIPACIÓN:


1. O concurso celebrarase na Estrada o domingo 15 de maio, constando de duas fases: unha eliminatoria pola mañán e unha final polo serán.

2. Poderán tomar parte no concurso tódolas agrupacións “tradicionais” que o desexen, establecendose unha única categoría.

3. As agrupacións que desexen participar no I Concurso de Charangas e Cuartetos Tradicionais Festa do Salmón deberán enviar á Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello da Estrada • Avda. Benito Vigo nº104 • 36680 A Estrada, entre o día 1 e o 12 de maio o IMPRESO DE SOLICITUDE DE PARTICIPACIÓN ou remitilo por fax ó nº 986 590 121, ou correo-e: omix@aestrada.com.

O comité de admisión determinará o número de participantes (máximo 20 agrupacións), tendo en conta a orde de recepción de solicitude.

4. Poderán participar nel agrupacións musicais tradicionais galegas con calqueira formato tradicional, excepto os gaiteiros solistas. O número mínimo de compoñentes dos grupos será sempre superior ou igual a 4 e nunca haberá máis de 2 gaiteiros no mesmo grupo.

5. Tódolos instrumentos serán de feitura tradicional, quedando expresamente excluídas as percusións de alta tensión, as gaitas denominadas marciais e calqueira instrumento con parches de materiais sintéticos. os membros dos grupos terán que ser os mesmos tanto na eliminatoria como na final pudiendo facer cambios de instrumentos.

6. As pezas a interpretar polos grupos poderán ser tradicionais ou de autor, sempre e cando non traizoen os principios fundamentais da nosa música de tradición, polo que o xurado valorará de xeito especial o grao de axuste á tradición galega tanto das pezas como do xeito de interpretación.

7. Establecese unha única categoría con 3 trofeos para os tres primeiros e un único premio en metálico de 1.000 ¤uros para o grupo que resulte gañador.

8. O xurado será nomeado polo Concello da Estrada, e a súa composición darase a coñecer no día, lugar e hora que se comunicarán oportunamente. Na fase eliminatoria o xurado clasificará un máximo de cinco agrupacións que competirán na fase final. Nesta derradeira fase, e tendo tamén en conta a actuación dos grupos nas rúas, o xurado escollerá un grupo como merecedor do premio arriba citado. O fallo e outras decisións do xurado serán inapelables. O sistema de avaliación será por puntos e media aritmética.

9. A fase eliminatoria celebrarase durante un percorrido que tódolos grupos participantes realizarán polas rúas e prazas do núcleo da Vila, polo que os grupos deberán tocar distintas pezas galegas. A efectos de non solaparse darase a saída a un grupo cada 5 ou 10 minutos a partir das 11 da mañán. Así mesmo, cada grupo realizará unha actuación duns 5 minutos no lugar que o Concello estime oportuno. Os membros do xurado que estarán sitos en distintos puntos do percorrido, cualificarán deste xeito, ós grupos na súa situación natural. O fallo do xurado darase a coñecer despois desta fase eliminatoria e será exposto nun taboleiro de anuncios.

10. A fase final celebrarase ás 18:00 h nun escenario montado nunha ubicación determinada pola organización. Os grupos clasificados deberán realizar unha actuación cunha duración máxima de 10 minutos. O xurado valorará de novo nesta fase final a calidade interpretativa, a afinación, a dificultade e idoneidade das pezas elexidas, así como o seu axuste ás regras básicas da nosa música de tradición. Tamén se apreciará a presencia e enxebridade que cada un dos grupos finalistas amosase ó longo do día.

11. A inscrición supón a total aceptación das bases por parte dos grupos participantes, tendo o xurado plena potestade para dirimir ó seu criterio calquera cuestión non recollida nas presentes bases, así como a interpretación das mesmas en caso de dúbida.