Impreso para a recollida de sinaturas

O convenio asinado entre a Deputación de Pontevedra e a Asociación Banda de Gaitas Provincia de Pontevedra é un cúmulo de defectos de forma e o seu fondo condena á música tradicional galega. A Asociación beneficiaria non ten adaptados os seus estatutos á normativa actual polo que non pode percibir subvención oficial algunha. Por outra banda, o seu orzamento máximo anual está limitado, por eses mesmos estatutos do ano 1996, a tres millóns de pesetas así que os 90.000 euros excédeno con moito.

Aqui tedes a Ligazón de onde podedes descargar o impreso para firmar en contra desta tolemía da Deputación de Pontevedra…

http://www.gaiteirosgalegos.com/sinaturasDP.pdf

Un saudo
Xan Pampín