Un total de 65 grupos noveis competirán por actuar no Escenario Runas

A aposta do Festival Ortigueira 2005 por reinventa-lo Escenario Runas para convertilo nunha auténtica plataforma escénica e mediática para os grupos noveis ou non consolidados da Península tivo unha notable acollida entre os destinatarios da iniciativa.

Un total de 65 formacións musicais enviaron maquetas para participar no palco de tarde da cita folk, cifra que duplica a dos anos anteriores.



A institucionalización do Certame Runas de Músicas do Mundo Celta permitiu duplicar con folgura -nas anteriores edicións non chegaban ós trinta- a cantidade de bandas que competirán por estar en Ortigueira entre o 7 e o 10 de xullo e por repetir, esta vez no Escenario Estrela, durante a edición 2006 do Festival.

Agora, a dirección artística do Festival seleccionará a un máximo de 20 semifinalistas, de entre os que un xurado de críticos musicais dos principales medios de comunicación do estado elexirán ós seis finalistas que debutarán no certame; todos eles grupos de música folk, instrumental ou cantada, de entre tres e dez compoñentes e cun máximo de dous álbumes no mercado.

A decisión de quén saltará ó escenario principal do Festival no 2006 será do público asistente ós concertos que, por vez primeira, poderá votar in situ ós grupos, no que supón unha aposta por achegarse ó gran público. Galicia, Castela e León e Andalucía foron, por esta orde, as comunidades con maior participación, se ben está representada boa parte da xeografía española. Preséntanse tamén catro bandas do país veciño, Portugal.

A organización aposta polo fortalecemento do Runas como un dos eixos artísticos centrais da programación deste ano. Confían ademáis en que a recinte consecución para o Festival da declaración de Festa de Interese Turístico Internacional axude na difusión desta música no exterior.

Grupos que enviaron o disco ó festival:

  • DEALAN
  • DIVERTIMENTO FOLK
  • GANDALF
  • PANGEA
  • NÓMADAS
  • FIERABRAS
  • AWEN
  • MADIALEVA
  • GÓVANON
  • VICUS SPACORUM
  • FIANDOLA
  • ACETRE
  • JORGE FELPETO
  • EL RINCON DE MORGAN
  • LINHO DO CUCO
  • ANACOS DE BUXO
  • DRIADE
  • XOCHILMICA
  • MONDOPETÉTRIZ
  • NAO D´IRE
  • SONHOS
  • OSCAR IBAÑEZ
  • MIELOTXIN
  • TRISQUEL
  • LLONXANA
  • RUOTE
  • IÑAKI SANTIANES
  • PERE DAVILA Y JOANA MAIOL
  • LUMIA
  • AMIGOS DE GUNNESS
  • NORFOLK
  • SERVANDO
  • ENEBRO
  • SAMAIN
  • NUS
  • XERA
  • RUXE RUXE
  • MORRIGANE
  • KELTIAR
  • KUMPANIA ALGAZARRA
  • LOCHLAINN
  • ALANN BIQUE
  • LA NAVAJA DE OCCAM
  • KUKUMA
  • SOG TRISCA
  • NA ZONA
  • DAZKARIEH
  • NO REPLY
  • AMBULANCIA IRLANDESA
  • BALBARDA
  • DANI LÓPEZ/FLAUTASÍA
  • ESTRUME
  • ALUDIDOS
  • ZICUTAN
  • ERRAJE
  • RAKÚ
  • COMPAÑÍA DO RUIDO
  • BARDOS Y DRUIDAS
  • CUCHUFELLOS
  • LA COLLÁ POPINDE
  • KABIYESILE
  • TÁTARA TRIO
  • BAUMA
  • BELTANE
  • TERRAE INGNOTA GHARANA