A Fenda Dixital e a Confianza

Autora: Beatriz Martínez Cándano

Se buscamos a definición de `Fenda Dixital´ veremos que, na maioría de enciclopedias, dise que esta supón unha liña divisoria entre as persoas que usan as novas tecnoloxías e aquelas que non teñen acceso ou non saben como empregalas.

Estamos ante a era da cibersocialización. Ata o de agora as novas tecnoloxías melloraban ou axilizaban certos procesos nas nosas vidas; agora forman parte delas. Poden chegar ata calquer sitio e implantarse sen necesidade de infraestructuras complicadas. Case todos temos acceso a elas e os que non o teñen, están en vías de conquerílo. A alfabetización dixital é xa unha realidade e o seu avance é preciso na nosa sociedade.

É innegábel que as novas tecnoloxías axilizan moitos procesos do noso traballo, conéctannos en tempo real con parentes cos que fai tempo que non conversábamos e permítennos acceder á información instantánea.

Dentro do mundo rural, cuxo entorno está sufrindo unha importante deslocalización, podemos pensar que o feito de inclui-las tecnoloxías nun medio así pode levar automaticamente a que os habitantes teñan similares medios e oportunidades que poderían ter unha empresa radicada na capital da provincia. O teletraballo é unha das opcións que mais cotas está acadando dentro do mundo laboral. Se a calquer de nos nos dan a opción de poder traballar ou ben dende a nosa oficina ou comodamente dende unha aldea rural ó carón do mar, tendo o mesmo acceso e as mesmas metas ¿quen sería o que escollese a primeria opción en vez da segunda? Os urbanitas, cecais.

De todos é sabido, nembargantes, que o crecemento da presencia das novas tecnoloxías non fixo outra cousa que incrementa-la fenda dixital entre o medio rural e o urbán. O pechar esta fenda é unha tarefa ardua para os nosos dirixentes xa que débense conxugar tanto aspectos humáns como institucionáis. É dicir, non é preciso tan só dispor da tecnoloxía ó alcance da man, senón sobre todo saber empregala e sacarlle-lo máximo partido.

Segundo un informe da FAO de Setembro de 2003 `Existe unha fenda dixital que separa ó mundo rural, e pechala non só é un problema de tecnoloxía e de proporcionar máis computadores, radios e teléfonos móviles. Tratar de facer máis accesíbel a información é unha cuestión política e require vontade política, educación e fondos´.

Existe xa moita teoría e proxectos en curso que pretenden pechar ou reduci-la Fenda Dixital, pero a realidade é que non dispoñemos aínda de dados estatísticos que nos permitan facernos unha composición de lugar acerca de se todos estes esforzos das institucións están obtendo os froitos precisos para acortar distancias.

Aínda que sen números na man, podemos chegar á conclusión de que de nada serve te-las mellores ferramentas ó alcance da man se a sociedade a quen van dirixidas non se esforza en empregalas de xeito convinte. As preocupacións das administracións por poñer en mans de todo o mundo e sin diferencias as mellores ferramentas TIC non terán os seus froitos se non se forma ós destinatarios no seu mellor aproveitamento e a empregalas como un activo mais dos seus negocios ou das súas vidas.

O resultado de todo isto é que as diferenzas seguirán a estar marcadas en igualdade de oportunidades.

Tan importante como a formación ou a concienciación será ademáis o crea-la confianza, non xa nas novas tecnoloxías posto que é de probado cumprimento a súa eficacia, senón nas prosibilidades que poden chegar a abrirse a través delas e sobre todo no factor igualitario que introducen na nosa sociedade. Para isto será preciso amosar ás xentes que forman parte do noso entorno rural as posibilidades que poden chegar a abrirse para cada un e as experiencias proveitosas de outras zonas de similares características, coa fin de eliminar de raíz o complexo de inferioridade que se percibe en moitas ocasións.

Se a maior parte dos nosos gobernos atópanse inmersos en dotar plans de alfabetización dixital e penetracion das TIC e moitos deles estano a conquerir, xa temo-la metade do camiño feito; a otura metade corresponde á motivación persoal e ás ganas de superarse. Non amosemos tan só nos programas de formación como emprega-lo messenger ou o explorer. Creemo-la base de unha nova economía común e accesíbel a todos.

Un caso interesante a considerar para ilustrar este razonamento é Finlandia, un pais marxinal en térmos xeográficos e de importancia económica (desenvolvemento industrial en base a materias primas como o forestal no seu caso), que foi arrastrado pola caída do seu principal socio, a ex-URSS. Durante a debacle e os primeiros anos da reconstrucción, naceron a marioría das súas políticas previsoras con metas específicas que aínda seguen vixentes.

Desburocratiza-lo Estado para gañar capacidade de reacción das institucións ante novos escenarios foi un dos puntos fortes da reforma, na que públicos e privados traballaron xuntos. Á hora de buscar novos clientes, o goberno finlandés apuntou ós lideres: EEUU e Xapón. E para non fallar creou Tekes, un centro de desenvolvemento tecnolóxico cuxo fin foi (e continúa a ser) organizar e executa-las políticas gubernamentais no que atinxe á tecnoloxía, xa que o Tekes é a dependencia do Ministerio de Industria cuxo obxectivo é promove-la competitividade da industria por medios tecnolóxicos, ademáis de diversificar e aumenta-la producción segundo demanden as exportación para crear emprego e benestar social.

Neste marco naceu a e-universidade, un proxecto común de 20 entidades finesas adicadas a investiga-las posibilidades en e-aprendizaxe e ofrecer ós alumnos unha maior flexibilidade para que poidan completa-los seus estudos. A suma da estratexia foi tan acertada e resultou tan exitosa que, a pesares da dificil situación que deberon afrontar, Finlandia é o país máis informatizado do mundo, e o que verdadeiramente chama a atención é que non estaba entre os candidatos ó posto. Despois de todo, é unha pequena nación cuxa escasa poboación vive cultural, idiomática e climatoloxicamente na periferia de Europa.

As barreiras físicas xa non son un inconvínte para reduci-la fenda dixital; en moitas ocasións, como puidemos ver no caso de Finlandia, son un motivo máis para agudiza-lo inxenio e tentar aproveita-los puntos fortes dunha sociedade e atenua-los febles. É preciso por tanto reduci la `outra fenda´ e concienciar ó munod rural que pode chegar ás mesmas conclusións, acomete-los mesmos proxectos e conqueri-las mesmas metas que calquera que traballe nunha empresa dende un edificio de 8 plantas. Se a todo isto unimo-la calidade de vida insuperábel que se consegue nun pequeno povo da costa ou montaña, a motivación estará asegurada.

Fonte orixinal: cibersociedad.net