IX edición da Festa da Marosa, en Burela

“GOZA CO SABER DO POVO” 2005
IX EDICIÓN DA FESTA DA MAROSA

VENRES 6 DE MAIO FESTA PRESENTACIÓN
Hora: 20:00 h. Lugar: SALA BUDHA (Burela)
Rolda de prensa para os medios de comunicación.
Hora: 23:00 h Lugar: SALA BUDHA (Burela)
Concerto dos grupos locais: BURELA BLUES e LUZ NEGRA

SÁBADO 14 DE MAIO FESTA DA MAROSA
CITAS DO DÍA
17:00 h. Na casa da cultura. Mostra de pantomima, clown e acrobacia con CIRCANELO.
20:00 h. A CHICHARRADA, merenda popular. Na carpa da Praia da Marosa.
22:00 h. Comeza a música. A orde de actuación será a seguinte:

  • MOFA E BEFA
  • A CRUS DE BAIXAR
  • BERROGÜETTO
  • RUXE-RUXE

Xa avanzada a noite farase a tradicional QUEIMADA e repartiranse BOLOS PREÑADOS.
Lembrade que a ACAMPADA é DE BALDE e a ENTRADA LIBRE!!!

FESTA PRESENTACIÓN
Nesta edición 2.005 temos a fortuna de contar coa colaboración de incipientes bandas locais da comarca. Con estilos ben diferenciados, pero con unha premisa en común; a música de calidade. A banda de jazz BURELA BLUES promete somerxernos na liberdade que caracteriza o seu estilo, sección potente de ventos e percusión, versioneando temas clásicos e prometendo facer versións inéditas propias. De seguido actuará o grupo LUZ NEGRA, que fará revivir para moit@s os tempos nos que as guitarras eléctricas invadiron Burela para crear garaxes musicais vivos.
Eles son o futuro!!!

“GOZA CO SABER DO POVO”
GRUPOS DA FESTA DA MAROSA

MOFA E BEFA queren compartir unha pequena parte da súa grande sabedoría entre os iniciados consumidores do humor, para maior gloria da Festa da Marosa. Dentro da filosofía da festa, son a combinación perfecta para aledar os corazóns mariñaos. Na súa liña de teatro didáctico a xenial parella, sen rival no xénero das “Enjoy Lections”, achegarán ao público o salitre do norte acompañados dos acordes de Piti Sanz ao teclado, mestre recoñecido no mundo enteiro do grande estilo PT-1.

A CRUS DE BAIXAR naceron no fin do mundo. Alá onde vira o vento e a música das ondas retorna ao mar co inquietante son da vaca aerofáxica. Os compoñentes desta formación tradicional tabernaria son todo paixón. Nunca nos quixeron desvelar o sentido do nome, pero podemos dar boa fe de que para eles é unha “crus” baixar do escenario, posto que son capaces de tocar horas e horas sen parar. O primeiro foguete musical da festa ven da man deste grupo de mulleres e homes da Costa da Morte.

BERROGÜETTO levounos ao paraíso dos ritmos e acordes do país de Navicularia, viaxamos por Urticaria con eles e contamos ate Hepta para entrar nesta nova etapa do grupo máis internacional do panorama musical folk galego. De seguro que esta noite, na Festa da Marosa, nos terán preparados unha nova proposta vital, corroborando así a enerxía creativa destes sete músic@s. Para nós é un desexo feito
realidade, poder danzar nas areas da praia coa voz e os sons dun dos grupos de “World Music” máis importantes do mundo.

RUXE-RUXE está “Fervendo”. Presentan un disco con trece pezas en estado puro de ebulición, trece estalos de xenreira, festa e poesía, trece verbas arrincadas do corazón, trece veces mala sorte e outras tantas de desacougo, trece badaladas de rock&roll, punk e melodías roubadas á tradición. “Fervendo” é unha máquina do tempo que perde nas horas, unha caldeira vermella a piques de estourar. “Fervendo” son 100ºC de realidade latexando a presión dentro dun disco que RUXE-RUXE.
Agora xa toca velos en directo!!!

contacto para calquera dato adicional: Manolo Maseda – tlf. 653 128 893