Uxía na nosa Eurovisión

FESTIVAL LIET DA CANCIÓN EN LINGUAS MINORITARIAS
LIET YNTERNASJONAAL

22/10/2004 09:59
Esta fin de semana celébrase en Ljouwert o festival Liet da canción en linguas minorizadas. Ljouwert é a capital de Frisia, e o Liet un festival que comezou como da canción en lingua frisoa e que dende hai dúas edicións se abriu ás linguas minorizadas europeas.

Uxía será neste 2004 a segunda representante galega na historia do certame, e terá que enfrontarse a vascos, galeses, lapóns, bretóns, sorbios, occitanos, friulanos e frisóns. En 2003 participara Anubía, nun certame que gañara o grupo lapón Transjoik.

www.liet.nl

� Máis información sobre o frisón e a historia e funcionamiento do Liet Ynternasjonaal.
� Anubía, a primeira participación galega no Liet.
� Dosier de Vieiros sobre a actuación de Verónica Codesal en Eurovisión, representando a Bélxica