II POSTGRAO EN MÚSICA TRADICIONAL – USC

Organiza: Departamento de Hª da Arte (Área de Música)
Información: www.usc.es/cemt

Presentación:
Despois do éxito do pasado ano, o Curso de Posgrao en Música Tradicional Galega consolídase para dar resposta á demanda da sociedade dunha formación especializada no noso campo de investigación.

Este ano contaremos tamén coa participación dun prestixioso cadro de profesorado especializado procedente de diversas disciplinas (musicoloxía, historia da arte, antropoloxía, pedagoxía musical…) así como tamén coa participación dun destacado cadro de mestres de música tradicional para os talleres de instrumentos. Coma novidade pretendemos incorporar prácticas en colaboración con empresas que poida axudar a unha saída laboral dos nosos posgraduados.

Outra das novidades é a de separar en tres niveis (que poderán cursarse independentemente como cursos de formación) ó posgrao. Un primeiro nivel dedicado á antropoloxía da música. No segundo nivel tratarase a historia da música galega. No terceiro nivel se falará das fontes para o estudio da música tradicional. Finalmente tamén concluiremos cun apéndice relativo ós aspectos socioeconómicos da música galega.

Dende a dirección do curso pensamos que pode ser unha interesante oferta destinada a atinxir unha formación sólida e diversificada no terreo da música tradicional galega, quere atender por tanto a triple demanda existente: por parte dos licenciados e diplomados universitarios en especialidades de educación musical, preocupados pola materia para completar a súa formación, por parte dos propios profesionais da música tradicional, así como por parte das asociacións de música e cultura tradicional galega.

Organiza:
Departamento de Hª da Arte (Área de Música)

Dirección:
D. Javier Garbayo Montabes
D. Ramón Pinheiro Almuinha

Secretaría e coordinación:
D. Juan Gil López
D. Fernando Villa Vieiro

Datas:
Do 26 de novembro de 2004 ata o 25 de xuño do 2005. Os seminarios serán impartidos venres á tarde e sábado fundamentalmente (na páxina web facilítase o calendario exacto).

Matrícula*:
Preinscripción: 10 de oct. – 25 de oct.
Formalización da matrícula: 1 de nov. – 15 nov.
Prezo: 1.525 ¤
Prazos de pagamento: 2
Prazas: de 35 (mín.) a 40 (máx.)

*O criterio de matrícula será a orde de inscripción

Ponencias e profesorado:
Dr. D. Javier Garbayo (USC) / Introducción á etnomusicoloxía
Dra. Dª Carolina Robertson (Universidade de Maryland) / Antropoloxía da música
Dr. D. Ramón Pelinski (Universidade de Girona) / O proceso de relaboración comunal no continente europeo
Prof. D. Norberto Pablo Cirio (Instituto de Musicoloxía �Carlos Vega �de Buenos Aires) / A música das comunidades galegas na emigración: O caso de Arxentina
Dr. D Josep Martí (Instituto Español de Musicoloxía CSIC) / A música tradicional: evolución, contextos e cambio social
Prof. D. José Luis do Pico (Conservatorio de música tradicional e folque de Lalín) / Historiografía da música patrimonial en Galicia.
Dr. D. José López-Calo (Catedrático emérito da USC) / Historia da Música Galega.
Dr. D. Carlos Villanueva (USC) / Influencia da música tradicional e medieval nos repertorios académicos galegos.
Prof. D. Ramón Pinheiro Almuinha (Conservatorio de música tradicional e folque de Lalín) / Instrumentos e formacións da música tradicional galega.
Dr. D. Luis Costa V.-Mariño (Universidade de Vigo) / Música e etnicidade na Galicia contemporánea: A construcción de unha identidade musical galega
Prof. D. Juan Gil (USC) / A música popular urbana na Galicia contemp.
Dra. Dª Dorothé Schubart (Centro Superior de Estudios Musicales de Basilea) / O cancioneiro galego de tradición oral: análise e tipoloxías
Dr. D. Domingo Blanco / A poesía popular: o texto na música tradicional
Dr. D. Manuel Castiñeiras (USC) / Aproximación aos repertorios iconográfico-musicais.
Prof. D. Xaime Estévez / As gravacións sonoras de música tradicional en Galicia
Prof. D. Xabier Groba / Aproximación aos cancioneros da música de tradición oral en Galicia
Prof. D. Miguel Pérez Lorenzo / A gaita galega. Música e estilo interpretativo. Un caso práctico
Dr. D. Enrique Cámara de Landa (Universidade de Valladolid) / Metodoloxía e técnicas de investigación en música tradicional
Dra. Dª Rosa Maria Torres (Fundación Gulbenkian, Braga) / O papel da música tradicional na pedagoxía da música: O método Kodaly
D. Miguel Valiente Blanco (Escuela de Negocios CESMA de Madrid) / As organización musicais: Lucrativas e non lucrativas
Dña. Rosaura Rodríguez (Avogada-Lex Artis) / Lexislación entorno á música tradicional: Patrimonio e industria
D. Rodrigo Romaní (Consello da Cultura Galega) / Música tradicional e institución
D. Victor Belho (Nordesia Produccións S.L.) / Música tradicional e empresa
Prof. D. Fernando Villa (USC) / Lecturas de etnomusicoloxía e folclore.
Profesorado do Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín / Aulas prácticas de canto, instrumentos e danza tradicional

Programa:
1. Antropoloxía da Música / 2. Fontes para o estudio da música tradicional galega / 3. Historia e socioloxía da música en Galicia / 4. Aspectos socioeconómicos / 5. Proxecto fin de curso / Prácticas profesionais

Patrocinadores e colaboradores:
Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín
Concello de Lalín
Consello da Cultura Galega
Ouvirmos
Nordesia
Igaem
Conselleria de Cultura, Comunicación Social e Turismo