Iª Xornada MUIÑEIRA de CABANA

CABANA DE BERGANTIÑOS
15 DE MAIO DE 2005

A muiñeira de Cabana é unha das pezas para gaita máis coñecidas da música galega, esta peza de autor foi escrita por don Manuel Figueroa Moreira, coñecido como Manuel do Bosque por ser deste lugar do Concello de Cabana.

Sábese que Manuel elaboraba instrumentos musicais e tamén tocaba varios deles.
Sendo contemporáneo de don Saturnino Cuíñas, crego de Cesullas, non podía quedar a súa obra sen compilar. Foron á casa do creador da peza don Saturnino Cuíñas e don Adolfo Anta, director de Cántigas da Terra, para recoller nunha partitura a peza de Manuel do Bosque.

A muiñeira de Cabana divídese en tres partes, as dúas primeiras en modo menor e a terceira en modo maior o que lle dá un maior realce; conta con todas as esencias, todas as cadencias e todas as frases musicais do país.

Ten A muiñeira de Cabana un grande prestixio dentro da nosa música, pódese dicir que non hai punteiro que non repasase as súas notas. Téñena no seu repertorio dende os gaiteiros das nosas agrupacións ata músicos recoñecidos internacionalmente coma Milladoiro, Carlos Núñez ou The Chiftains.

Ricardo Santos

PROGRAMA DE ACTOS
DOMINGO, 15 DE MAIO DE 2005

13:15 Igrexa de Cesullas
—————————————————————————–
• Actuación da Coral CÁNTIGAS DA TERRA

• Entrega de placa a D. Francisco Domínguez Lobelos

13:45 No adro parroquial
—————————————————————————–
• Interpretación da MUIÑEIRA DE CABANA e ofrenda floral a MANUEL DO BOSQUE, SATURNINO CUÍÑAS E JAI-JAI

• Desde as 15:00 h. pasarrúas a cargo dos gaiteiros cabaneses de SAN RAMÓN DE BERES

• Ás 16:00 h. XOGOS POPULARES “Adro popular” a cargo de ALTEGA

• Ás 18:00 h. DANZA TRADICIONAL:

    RAIGAÑAS de Cerqueda e
    ARUME de Verdillo

• Ás 19:30 h. entrega de premios do
VIII CERTAME DE POESÍA “MARÍA BAÑA”

• ÁS 20:00 h. CONCERTO DE

    SUSANA SEIVANE

[+ info: PDF: I XORNADA MUIÑEIRA de CABANA]