Contemporriño: entre o 12 e o 17 de maio

Entre o 12 e o 17 de Maio, Porriño será o escenario de diferentes manifestacións artisticas da man de Insomnia e Clave Records para a Concellería de cultura.

Festexa-la Cultura Galega parece sempre levar unha pátina enxebrista, pero Comtemporriño quere ser unha ollada actual, unha mostra diferente vencellada ás rúas, á xente e sobre todo ás novas tecnologías e a soportes, algúns convencionais e outros inesperados, que fomenten a participación dos visitantes.

Videoarte, pintura, graffiti, fotografía, obradoiros-sesión de DJ e VJ, charlas e unha xornada de software libre tecerán un entramado coas proxeccións de curtos e do, celebrado en internet, “Cálico Electrónico” para formar a arañeira das Letras e as artes Galegas. Unha arañeira arrolada pola música de metal e indi que soará o 13 e 14 Maio.

Contemporriño, unha cita atractiva fora dos circuitos habituais e preto de todas partes. Do 12 ao 17 de Maio, Porriño a capital da arañeira cultural.

Telf contacto información: 625 115753 Ramón

————————————————————————————-
INSOMNIA – CLAVE RECORDS – CONCELLALÍA DE CULTURA DE PORRIÑO
contenporrinho@hotmail.com

12 de Maio
12:30 Inauguración das exposición de arte e videoarte.
17:00 Xornada divulgativa Charlas coloquio no centro cultural.

– Introducción ó software libre
– Software libre e educación
– Software libre na empresa actual
– O galego nas novas tecnoloxías
– Autor arte e copyleft

13 de Maio
19:30 Presentación literaria “Capitol última sesión” Miguel Anxo Fernández.
20:00 Proxección de “A boa caligrafía”.
20:30 Charla coloquio: “Unha oportunidade para o Audiovisual Galego”
23:00 Noite de pop alternativo Praza do Concello

– Niño y pistola
– Overlook

14 de Maio
19:30 Arte de rúa Intervención de graffiti na praza da igrexa & Pow Pelucas
21:00 Proxección “O último gaiteiro da Habana” Pub Irish
23:00 Noite de música Metal Praza do Concello

– Ardegán
– Down Level

15 de Maio
PUB LICEUM
20:00 Obradoiro Vj
21:00 Proxección “Cálico electrónico”
21:30 Sesión Vj “Cathodic People”

16 de Maio
PUB TUBULART
21:00 Obradoiro Dj
00:30 Sesión Dj “Arritmic”

17 de Maio
19:00 Contacontos infantil Praza do Concello

Concellería de Cultura
Concello do Porriño