Gaiteiros da Diputación en Lalín

Estimados amigos/as dos medios de comunicación:
como sabedes o vindeiro xoves inicianse as clases no conservatorio de musica de Lalin da “Banda de Gaitas” que a diputacion de Pontevedra, vai formar.

Non temos que lembrarvos a movilizacion e repulsa que este feito ven producindo en tódalas asociación e persoeiros ligados a música patrimonial, tanto na Galiza como no Deza dos que destedes conta nos vosos medios dias atras; lembrarvos que No Deza e Tabeiros, todos os colectivos de Gaiteiros, Asociacións Culturáis (O Naranxo e Berra) conservatorio folque e conservatorio de grado medio teñense posicionado en contra de esta aberración cultural.

Quero, se o tedes a ben, posicionarme persoalmente neste tema, e a tal fin envíovos unha carta, pedindo que favorezcades a sua publicación e difusión. Tédela como texto no final desta carta ou como arquivo de word adxunto.

Desexando que o texto sexa do voso interes e agrado, mandovos un saudo e o desexo de mil primaveiras mais para a lingua, a cultura e para Galiza.

Alberto Granja. Secretario da Asociación Cultural “O Naranxo”, membro da Asociación de Gaiteiros Galegos e gaiteiro de Froitos do Deza.


GAITEIROS ESCOCESES EN LALIN
Férveme o sangue ó saber que a Deputación inviste quince millóns de pesetas na creación dunha rede de “escolas de bandas de gaitas”, de inspiración escocesa, e que unha delas ven para o Deza. ¿Pero a estas alturas ainda hai parvos/as que non se dan conta do terrorismo cultural que é para a nosa música patrimonial e a nosa identidade como Galegos as bandas “escocesas”?, pois parece que non.

Xa na presentación do disco sobre “os Dezas de Moneixas” o concelleiro de cultura falou da posibilidade de montar unha banda de gaitas municipal; os gaiteiros alí presentes reaccionamos tentando explicarlle o absurdo cultural de tal proposta ó que el respostou “eu e que de iso non entendo”… vexo que os “cerebros” do concello continúan sen entender nin informarse, xa que, aceptan a cesión do Auditorio para as clases porque “a nós non nos custa nada” seguindo a consigna de “todo aquilo que poda vir para Lalín… ¡¡que veña!!” (cerebros do “patronato” e concello:: a gripe tamén e gratis e non por iso a xente inféctase).

Como falamos de moitos cartos, dados sen concurso público, fora da orde do día do pleno, previa declaración de urxencia e a unha asociación non inscrita no rexistro (no máis puro estilo PP), teremos que aventurar para que van valer estes cartos en realidade: non van ser para favorecer o ensino da música en Lalín, porque de ser así o lóxico e que estes cartos foran (por exemplo) para a escola da banda, o conservatorio de grao medio, ou para o conservatorio folque; nin para facilitar ós nenos o achegarse a música xa que de ser así poderían subvencionar a Escola de Folque Infantil (única en Galicia) ou o traballo de asociacións de parroquias que tentan facer actividades no eido da música popular… ¿entón?

¡¡Sinxelo!! Estes do PP gustan de cousas “vistosas” para que saian na foto en actos, “hermanamientos”, e merendas varias e, como o GALEGO parécelles que “non viste” escollen o “escocés” que queda mellor na foto, sen importarlles un carallo a identidade Galega (será que teñen vergoña de ser “gallegos”) e o respecto ó patrimonio cultural. Pois iso: cerebros do concello e “patronato cultural” facédelle un favor ó orgullo de ser Galegos e ao voso País e mandade os escoceses para Escocia.

Para rematar unhas cousas máis:

Nenos matriculados; tedes que saber que para os gaiteiros galegos sodes uns pobres tontos enganados e parte de un plan que denigra e destrúe a nosa música patrimonial. Señores do Patronato, Alcalde e Concelleiro de Cultura: metéronvos un gol… permitides iniciativas culturais que fan competencia desleal ós conservatorios e escolas que vos pagades; e por favor, leede algo e informádevos, a ver si así aprendedes un pouco e vos dades conta da aberración cultural que estades favorecendo coa vosa ignorancia.

E para os pais dos nenos que están pensando en matriculalos porque “é gratis” que saibades que nesta vida nada é gratis: metedes ós vosos fillos en algo alleo culturalmente, e os nenos van pagar o custo da matricula desfilando para políticos (e isto non da dereito a un posto de traballo na Deputación). Claro que como dixo Louzán neste tema “os que critican é que están manipulados polo bloque”… ¡así vai o País!.

Alberto Granja Bargados.