CONCERTOS. Ponte Areas – Porriño

OUTONO DE PONTEAREAS ás 23.30 h.
Dia 30 de outubro O grupo Marful composto por Ugia Pedreira, Pedro Pascual, Marcos Teira e Pablo Pascual. BAR LICEUM DE PORRIÑO ás 23h.

Dia 29 de outubro. Berroguetto
Dia 19 de novembro. Treixadura
Dia 10 de dezembro. Malvela
Dia 17 de dezembro. Filipa Pais

PROGRAMACIÓN BAR LICEUM PORRIÑO
Exposicions. Mostra de pintura do Colectivo Sapoconcho formado por: Andrea Bello, Carme E. Fraga, Carme Vilar, Chemaria, David Lopez Higueras, Jesus Rios, Lola Martinez, Lourdes Quintas, Maria Jose Casal, Mara, Marco A. Figueroa, Merche Barbazan. Do mesmo xeito teremos duas exposicions de fotografia de artistas locais unha do 28 de Outubro ao 1 de decembro co título “Corta y pega” de Brais Ocampo e outra a partir do 1 de Decembro “Texturas” de David Perez (Cato).
Mais información sobre a programación do Bar Liceum.

Abrirá a programacion unha das mellores bandas folkies destes momentos, Berroguetto, será o venres 29 as 23 horas.

Septiembre Negro, grupo heavy creado na decada dos 80, cun potentisimo directo que nos vai a presentar a sua segunda maqueta con 6 temas de composicion propia e cunhas letras cargadas de compromiso social. Estaran connosco o venres 5 as 23 horas.

Los D`Orlando (Cuba) que nos van deleitar cos seus ritmos: Son, Bolero, Cha cha cha, Rumba, Guaracha, Danzon, …teñen un disco xa no mercado e prometen facer unha descarga musical sen tregua na que ninguén quede sin bailar. Sera o venres 12 de Novembro as 23 horas.

Treixadura ( musica tradicional). Sera o venres 19 as 23 horas.

A semana seguinte teremos unha nova proposta Bumba Rumba, grupo creado por Manuel Malou creador de mestizaxe musical de longa traxectoria que se iniciou co grupo Los Golfos que fixeron un tema “Que pasa contigo tio” que se convertiu nunha das frases feitas mais famosas da transicion, Malou traballou entre outros con Manu Chao, Orishas, La fura del Baus, … Conqueriu entre outros un premio Goya a mellor cancion orixinal para a pelicula Fuxitivas. Ven acompañado por outros 3 musicos, entre eles un dos mellores guitarristas do Porriño, Tono Alcalde, que leva feito xa un longo recorrido por todo tipo de grupos. O disco que veñen a presentar titulase Electrorock e rumba, un album de fusion da rumba catalana co rock e a musica electronica, sera o venres 26 de Novembro as 23 horas.

Despois dun breve periodo vacacional, pola ponte da Constitucion, teremos con nos a Agrupacion Malvela, as cales (como sempre) dirixidas por Uxia e despois de receber o curso de formación escénica de Ugia Pedreira, veñennos presentar un cd de Panxoliñas o cal conten cancions que en breve farannos esquecer todos eses “…campana sobre campana, a belen pastores…” Sera o venres 10 de Decembro as 23 horas.

Filipa Pais quizais unha das mellores voces da música portuguesa, colaboradora habitual de prestixiosos artistas como Vitorino, Sergio Godinho, João Paulo Esteves da Silva, Jose Mario Branco, Jose Peixoto (Madredeus), Janita Salome, Bernardo Sassetti, Tito Paris, Uxia ou Chico Cesar, cruzando a sua experiencia con todalas areas da musica popular e tradicional portuguesa, e mesmo tomando contacto co jazz e a musica de fusion. Ven presentarnos o disco que sera editado en breve en España: “A Porta do Mundo” enriquecendo o universo musical, cun traballo no que, a sonoridade xeral, partindo dunha matriz tradicional, transportanos a un ambiente sonoro contemporáneo ). Filipa foi premio Jose Afonso ao mellor traballo discografico do ano, o premio mais prestixioso da musica en Portugal. O venres 17 de Decembro as 23 horas.

Resumo do Comunicado de Paco Quintas.
www.barliceum.com