SONS DA DIVERSIDADE. Auditorio de Galicia. Santiago de Compostela.

UNHA OLLADA ÁS MUSICAS DO MUNDO

6 de novembro-CAPERCAILLIE-Choice Language
20 de novembro-KROKE-Quartet Live at Home
26 de novembro-MICHAEL NYMAN-Celebración do 60º Aniversario
3 de decembro-LILA DOWNS-Una sangre
22 de decembro-BERROGÜETTO-Desolasons

Sons da diversidade é un ciclo de concertos impulsado pola Concellería de Cultura do Concello de Santiago. Desenvolverase no Auditorio da Galicia dende o 2 de abril ata o 22 de decembro de 2004.

A idea central do ciclo é a de amosar, nun dos espazos emblemáticos da cultura en Compostela, diferentes tendencias da creación musical actual no mundo. Ao tempo, quérese potenciar o auditorio como punto de reunión para todos os públicos da cidade.

Sons da Diversidade é unha fiestra aberta a todo tipo de propostas e xéneros musicais. Unha programación asociada á diversidade e á calidade, feita dende o século XXI para un público inquieto, aberto e intelixente.

http://sons.santiagodecompostela.org/ciclo.php