Romeria da Música Tradicional de Pontevedra

I Romeria da música tradicional de Pontevedra.
Asociación de Gaiteiros Galegos.

Sábado 11 de xuño a partir das 11h. até as 22.h na Alameda de Pontevedra.
Actuacións libres nos distintos pontos da cidade ou no Palco da Alameda.
Participa coa tua música baixo o lema “PARA MOSTRA CHEGA UN RONCÓN”

ROMARIA DA MÚSICA TRADICIONAL EN PONTEVEDRA

Compañeiros,
Á vista da situación, e atendendo ás numerosas solicitudes de sócios e simpatizantes convocamos-vos á

I Romaria da Música Tradicional en Pontevedra

que terá lugar o vindeiro sábado 11 de maio de 2005, a partir das 11:00 e até as 22:59 horas na Alameda de Pontevedra. Toda a información actualizada no Portal da Asociación de Gaiteiros Galegos www.gaiteirosgalegos.com

É un acto pensado para todos os grupos e gaiteiros e músicos tradicionais de todos os recunchos da Galiza; unha primeira gran mostra da cultura tradicional con vocación de chegar a ser a xuntanza anual mais importante da música galega. A tua axuda é fundamental para a música tradicional; por favor, participa!

Haberá grupos deixando constáncia de que a música tradicional na província de Pontevedra está viva e goza de moi boa saúde. Se vos animades asistir e/ou participar, por favor, traede o voso xantar, merenda e cea!

A nosa intención é que este acto se repita en vindeiras anos, como a grande festa da nosa música tradicional. Vistas as circunstáncias excepcionais deste ano, o slogan é:

PARA MOSTRA … CHEGA UN RONCÓN

Teremos actuacións libres por distintos puntos da cidade (animación e festa a partir das 11 horas) e tamén actuacións no Palco da Alameda de Pontevedra (mais animación e mais festa! a partir das 13 horas), para o cal haberá amplificación.

No Portal da AGG manteremos dous listaxes: por un lado os grupos que farán actuacións libres e, ademais, os que actuarán no Palco da Alameda de Pontevedra, co seu correspondente horário. Ademais, ás horas en punto daremos leitura a distintos comunicados-manifestos por persoas do mundo da cultura.

Para ir sabendo quen actuará, por favor, enviade un correio a xuntanza@gaiteirosgalegos.com de xeito que iremos actualizando esta nova a medida que teñamos grupos e solistas que vaian a estar (por favor, indicade se queredes actuar no palco ou non e en caso afirmativo as vosas preferenzas horárias, ademais de cantos membros sodes no grupo ou ides a vir a Pontevedra).

Dependendo do resultado da reunión que temos este xoves 3 de xuño co Deputado Delegado de Cultura da Deputación de Pontevedra, José Juan Durán Hermida, teremos duas opcións: dar os nosos parabéns á Deputación por ser quen de entender os argumentos e de reconducir unha situación que está a xerar descontento e crispación a distintos níveis e ámbitos, ou ser un acto reinvindicativo.

[+info. www.gaiteirosgalegos.com]