Festival internacional de Jazz de Vigo

Festival internacional de Jazz de Vigo
….. A destacar:

01/07/2005
Baldo Martínez Gran Ensemble “Proxecto Miño” & Valentín Clastrier invitado

02/07/2005
Master-Class: Valentín Clastrier (zanfoña)


….. Baldo Martínez Gran Ensemble “Proxecto Miño” & Valentín Clastrier invitado


Foto de Sergio Cabanillas
Lugar: Centro Cultural Caixanova
Prezo: Butaca: 12 euros; Anfiteatro 1º: 11 euros; Anfiteatro 2º: 10 euros; Anfiteatro 3º: 9 euros.
Datas: 01/07/2005

Maite Dono: Voz
Carlos Beceiro: Zanfoña, buzuki e guitarras.
Chiaki Mawatari: Tuba e serpentón.
David Herrington: Trompeta e fiscornio.
Antonio Bravo: Guitarra eléctrica.
Alejandro Perez: Saxos tenor, soprano e clarinete.
Pedro López: Batería e percusión.
Carlos Castro: Vibrafono, deruka e percusións.
Baldo Martínez: Contrabaixo, composición e dirección.
& Valentin Clastrier: Zanfoña.

Baldo Martínez presenta este proxecto por primeira vez en Galicia despois de cinco anos dende a súa creación por encargo do Festival internacional de Jazz de Guimaraes. Esta baseado na música tradicional galega e do norte de Portugal, pero desenvólvese na linguaxe do Jazz contemporáneo.

A banda, formada por nove músicos cunha variedade tímbrica que vai dende a voz da cantante Maite Dono pasando polos saxos, tuba e percusións, estará incrementada por un invitado especial, o zanfoñista francés Valentín Clastrier. Na presentación do proxecto en Madrid, a prensa afirmou: “El Proyecto Miño es una de las obras más emocionantes, ambiciosas, exuberantes e inteligentes que ha vivido nuestro jazz en mucho tiempo”.

….. Master-Class: Valentín Clastrier (zanfoña)


Lugar: Auditorio Martín Codax do Conservatorio Superior de Música
Datas: 02/07/2005

Nesta web poderedes consultar o programa de este evento:
http://hoxe.vigo.org/actualidade/imaxinasons_tit.php