Nova programacion Bar Liceum do 25/5 ao 8/7/2005

Benquerid@s amig@s:

Aqui estamos, outra vez, para presentarvos, desta volta un pouco tarde, unha nova programacion, que comenza o mercores 25 de Maio e remata o 8 de Xullo, despois desta data, por fin vos daremos un descanso de concertos e emails ata Outubro.

Como sempre, cambiamos as exposicions. Desta volta, teremos unha soa de fotografia,
do entre outras moitas cousas, fotografo local, David Rollano,
titulada Espacio dual, representación de impresions. Todo ten
cabida no universo das sensacions… o espazo desdoblase… vai mutando… cambia…

Atoparedes moita variedade, nos actos, que vos presentamos: unha metade non
son musicais (cine, titeres, presentacion de A Peneira) e a outra metade si;
adicada, case toda ela, o folk galego.

Xa recibiriades antes, a programacion da semana pasada, coa presentacion das
curtas gañadoras no Festival de Cans, o
mercores 25 as 22 e co concerto dos Cempes o venres
27 as 23.

A continuacion, temos que darlle as gracias A Peneira da Louriña,
non so, por publicar sempre os nosos actos (a outra revista gratuita da zona,
Pagina XXI, nunca nos adicou unha soia linea) senon por escollernos, para facer
no noso local, a celebracion do seu primer aniversario. Haberá musica
tradicional, folk…, representando aos tres concellos da comarca (Mos, O Porriño
e Salceda de Caselas), gastronomia, humor, literatura… e a posibilidade de
ver aos que escriben, mes a mes, nas suas paxinas. Entre outros estaran as pandereiteiras
Zaragateiras de Mos, os gaiteiros Os Zoqueiros do Porriño, as pandereiteiras
Donicelas de Salceda, a participacion especial de Uxia e o sensacional fin de
festa da The Turre’s Band. Sera o venres 3 de Xuño as 23 horas a entrada
e gratuita.

O dia seguinte, unha vez mais, temos que congratularnos, de que o colectivo
Burla Negra, nos escollera para presentar no sur da Galiza, a pelicula colectiva
Hai que Botalos, composta por vintecinco curtametraxes,
de non mais de cinco minutos, Reune a actores e actrices, director@s, productoras,
etc. galegos implicados na "necesidade dun cambio político"
nas proximas eleccions autonomicas. Para denunciaren a situacion do pais en
canto a servizos sociais, infraestructuras, etc. os membros de Burla Negra recorreron
ao traballo voluntario de xente do audiovisual que se comprometeu na realización
de curtametraxes e que asumiu a produccion da mesma. Tratase, polas suas caracteristicas,
dun proxecto pioneiro en Galiza, para o que se conta coa participación
de, escritores como Manolo Rivas, Séchu Sende, Rosa Aneiros ou Suso de
Toro; actores e actrices como Mabel Rivera, Quico Cadaval, Luís Tosar
ou Miguel de Lira, e Margarita Ledo, Ricardo LLovo ou Xosé Zapata como
realizadores, entre outros. Sera o sabado 4 de Xuño as 21 horas a entrada
e gratuita.

A semana seguinte, outro encargo moi agradabel, neste caso, como complemento
da 2ª semana titiriteira do Porriño e recomendado moi especialmente
polos grandes amigos de Tanxarina, teremos con nos a Diego
Stirman
, arxentino, que leva 23 anos en Paris, as suas diferentes
creacions percorreron innumerables festivais de teatro de rua, festivais de
marionetas, cabares, circos dos cinco continentes. A lista e longa (Festival
International de marionnettes Charleville Meziers; Fest de Chassepierre (B),
Klein Fest im Groben Garden (D), Figueuro festival, premio Luk Vincent (B) Festival.
d’Aurillac, "Au Bonheur des Mômes", Im-Puls (Autriche), Fest.
des Jardins (Paris), Grains de Folie (Brest), Jeudis du Port (Brest) Fest. Figeuro
(B), Fest. Delft (Pays Bas), Rue de rêve (Suresnes), Osaka Fest. (Japon),
e recentemente Segovia, Lleida, Tenerife, Pamplona, etc. Sera o venres 10 de
Xuño as 23 horas

Na semana seguinte, o novo e o vello do folk galego, A Quenlla,
por un lado os dous compoñentes fundamentais da primeira etapa de Fuxan
os Ventos, Mini, e Mero e por outro os compositores do primer disco de Chill
Out Celta na Galiza os mesmos Mini e Mero, acompañados por unha banda
de excepcion. Estaran connosco o venres 17 de Xuño as 23 horas.

Na semana seguinte, teremos a presentacion, do ultimo disco de folk, saido
ao mercado, o segundo disco de Liorna Ruído
branco. Esta banda e unha das escasas revelacions do folk instrumental poderoso
no actual panorama da musica galega. A gaita temperada de Alberto Lago, os teclados
multiples de Suso Iglesias, a voz de mel de Monse Ogando, o baixo marcado de
Benito Sánchez, os coiros e os ventos redobrados de Luís e Carlos
Lago, as cordas tensas de Seso Duran, e o coro envolvente de Begoña David,
forman a tripulacion e os aparellos desta nave que amarra no peirao de Marin.
Neste novo disco confluen distintos matices e frecuencias que definen o estilo
eclectico e sinfonico do seu repertorio. Asi, as esencias tradicionais desenvolvense
entre acenos pop e brillos clasicos, que conforman un son propio e característico
e revelan unha vez mais a potente expresion dos seus membros e as distintas
procedencias artísticas… Sera o venres 24 de Xuño as 23 horas.

A semana seguinte, Emilio Rua, un cantautor dos clasicos, dos de sempre. Pouco
mais de vinte anos de idade e un pasado artistico forxado nunha banda familiar
que percorreu as terras do Val de Monterrei, Zamora e a raia seca do territorio
comunal da Galiza que e Portugal, abeirase aos diferentes xeneros musicais sen
se definir particularmente por ningun deles: flirteos co rock, esencias latinas,
aire pop. Musica anovadora e actual con letras que manan do corazon. En 2004
decide participar na V Muestra Nacional de Canción de Autor (Cantigas
de Mayo) de Ceuti, Murcia, onde e seleccionado entre mais de 200 participantes
de toda España. Cantando en galego e sen mais acompañamento que
a sua guitarra, a sua armonica, e a sua doce e potente voz, obtivo o maior premio
do publico e o segundo premio do xurado. Sera o venres 1 de Xullo as 23 horas.

E xa para rematar, un broche de ouro a nosa programacion, Uxia
"Na casa", evidentemente dende que voltamos a programar, estivemos
tentando que actuase, pero nunca foi posibel, esta claro que non nos rendimos
e imos compartir convosco, un dos mellores concertos da vida do Liceum. Uxia
retorna ao Liceum, a casa, para ofrecer un recital intimista cun repertorio
que inclue unha revision das composicions historicas da musica galega (Unha
noite na eira do trigo, Negra sombra, Lonxe da terriña) e outras propias
que nalgun caso formaran parte do seu inminente novo disco. Neste recital tentara
fundir o alala, o fado e a morna para destilar un unico sentir con perfumes
moi variados. Sumara tamen as voces dos nosos mais significativos poetas e letristas
ademais das suas composicions para pintar a paisaxe da musica interior desta
artista que ven de percorrer escenarios de Europa: Holanda, Alemaña e
Belxica cunha proposta que despertou un enorme interes nos auditorios e teatros
nos que estivo presente. Nestes recitais e neste que nos ocupa vira acompañada
de Paulo Borges, un pianista e acordeonista que naceu nas illas Azores e que
recolleu dende esa privilexiada situacion os ventos musicais do Atlantico, recollendo
e espallando esta cultura nos diferentes proxectos nos que ten colaborado. Xuntos
levarannos a un paseo polos ambientes e ritmos da musica dos territorios lusofonos
imprimindo sempre un selo persoal que diferencie e singularice estas musicas.
Sera o venres 8 de Xullo, ollo a hora, as 22 horas.

Unha aperta moi grande.
Paco Quintas

Contactos:

Paco Quintas:
986-330520 Traballo
986-330740 Casa
670-016754 Telemóbel

E-mail: oquequeiras@barliceum.com
Paxina web: http://www.barliceum.com