Festival 2005 de ortigueira

A programación máis ecléctica e arriscada dos últimos anos”, así se debuxa o cartel do Festival Ortigueira 2005, a cita folk por excelencia do verán español que celebra a súa XXI edición entre o 7 e o 10 de xullo.

ver programación…

Xoves 7 de xullo

Festa inaugural
Contará coa participación de agrupacións tradicionais ou
espontáneos. Esta proposta aberta a todos os visitantes pecharase cun
espectáculo pirotécnico.

Cantón, a partir das 21:30 horas

Venres 8 de xullo

Escenario Estrella – 21:30 horas
Bagad Kemper, Bretaña.
Ialma, Galicia – Bélxica.
Terrafolk, Eslovenia.
Gatos del Fornu, Asturias.

Concerto de bandas
A cargo da Stow Pipe Band, Irlanda.

Praza de Isabel II, ás 17:00 horas

Sábado 9 de xullo

Escenario Estrella – 21:30 horas
Escola de Gaitas de Ortigueira, Galicia.
Luar na Lubre + convidados, Galicia.
Radio Tarifa, Madrid.
Mercan Dede, Turquía – Canadá.

Escenario Runas – 17:30 horas
En marcha o proceso de selección de finalistas.

Concerto de bandas
A cargo da Bagad Kemper, Bretaña.

Praza de Isabel II, ás 17:00 horas

Vídeo documental
Proxección da longametraxe Un bosque de música, de Ignacio Vilar.

Teatro da Beneficencia, 18:00 horas

Domingo 10 de xullo

Escenario Estrella – 21:30 horas
Romano Drom, Hungría.
I Muvrini, Córcega.
Phil Cunningham + Aly Bain, Escocia.
Os Diplomáticos + convidados, Galicia.

Escenario Runas – 17:30 horas
En marcha o proceso de selección de finalistas.

Desfile de bandas
Escola de Gaitas de Ortigueira, Galicia
Stow Pipe Band, Irlanda
Bagad Kemper, Bretaña

Os 200 músicos participantes estarán acompañados polo
grupo folclórico de zancudos landeses Lous Tchancayres.

Saída do Porto Deportivo, mediodía

Vídeo documental
Proxección das curtametraxes Os últimos galegos da Habana, de
Ernesto Daranas e Natasha Vázquez, e Galegos en Manhatann, de Xaime Fandiño.

Teatro da Beneficencia, ás 18:00 horas

Actividades paralelas

Exposición fotográfica de Álvaro Fernández Polo
Mostra que reflicte a pasada edición do certame. As súas instantáneas
recollen os escenarios do Festival Ortigueira, as actividades organizadas e
as xentes que lle deron vida.

Teatro da Beneficencia, do xoves 7 ao domingo 10

Exposición de artesáns
Mostra de artesanía en vivo con profesionais de diversos sectores tradicionais.

No Centro Arqueolóxico Federico Maciñeira

Obradoiros de baile
Clases de baile tradicional irlandés.

Cantón, venres e sábado a partir das 11:00 horas

Feira de artesanía
A tradicional feira de artesanía promocionará este ano os sectores
en risco de desaparición, así como aqueles que ofrecen propostas
máis novidosas.

Punta do Peirao, do venres 8 ao domingo 10

Radio en directo
Emisión en directo do programa da Radio Galega Lume na Palleira.

Teatro da Beneficencia, sábado ás 15:00 horas

——————————————————————————————
Para ampliar esta información visita a web do Festival de Ortigueira.