Os nenos e nenas de Pontevedra coa Música Folque

40 nenos-nenas da cidade de Pontevedra e arredores levan dous meses asistindo á AULA FOLQUE INFANTIL que organizou a As. do Conservatório de Música Tradicional e Folque con sede en Lalín e promoveu o Concello de Pontevedra.



Tratou-se dunha aula de aprendizaxe aberta donde os nenos-as nunha primeira hora xogaron e aprenderon cantos galegos e doutras músicas de raiz do mundo, bailes, ritmos, ciclos festivos … e así conseguir un achegamento ás culturas populares, á galega en relación coas outras.

Na seguinte hora complementaria: improvisaban, creaban … e ian grabando no ordenador o que ian creando colectivamente.

Este sábado dia 4 ás 13h finaliza a Aula folque infantil de Pontevedra, a Asociación do CMTF editará o cd coas obras musicais compostas polos nenos-as da aula, un cd para cada alumno, para cada casa… un cd para recordar e escuitar a libre creatividade dos pequenos-as.

O diseño pedagóxico da aula foi realizado por Ugia Pedreira (directora do CMT).
A aula de canto e movimento ademais da coordinación da Afi foi de Pilar Araujo.
A aula de improvisación, composición e grabación foi levada a cabo por Nacho Muñoz.

Pilar Araujo foi acordeonista do grupo Chouteira antes do 1º disco. Foise de Galiza e desde fora decide especializarse nos cantos do mundo, na dirección coral e na pedagogía musical infantil. Así é que tanto en Almería, Inglaterra ou Escocia, participa e dirixe varias formacións vocais, con amplo repertorio de cantos do mundo, ó mesmo tempo que coordina programas de animación musical infantil.
A comezos do ano 2003 convírtese na directora artística da XXI Xuntanza de Coros de Inglaterra, tanto da sección adulta coma infantil.Agora traballa en producción no CMTF e é responsabel da Escola Folque Infantil de Lalín.

Nacho Muñoz. Músico, compositor e productor. Ten arranxado e producido a artistas como Uxía, Mercedes Peón ou J.M.Budiño.
Membro co-fundador da pag. de arte dixital libre Alga, actualmente ten composto unha das obras máis vangardistas do panoráma musical galego, “A última rata” unha Opera Off. Participa como músico no cabaret galego de Pepa Yañez e Davide Salvado e ten percorrido os palcos de medio mundo coa sua música e acompañando a distintos artistas.

Posted by / Xuño 2, 2005
Posted in
AFI