A expresividade musical femenina no campo musical galego contemporaneo

A EXPRESIVIDADE MUSICAL FEMENINA NO CAMPO MUSICAL GALEGO CONTEMPORANEO

Por Olga Nogueira.
Centre d’Etudes Galiciennes de Paris. Sorbonne Nouvelle. Paris III.


“parece que na musica galega nunca se lle rende homenaxe suficiente à tradicion. Nunca se lle agradece abondo @s vell@s o seu legado. Nunca se xustifica un o suficiente o que fai, de onde aprendeu este ou aquel aire. E se llo aprendeu a Marica da Fonte, moito mellor ca se o leu no Casto Sampedro”



Na sociedade galega contemporanea, a musica é (entre doutros moitos) un elemento constructor da identidade nacional . Unha identidade que se construe tanto cara atràs, transmitindo un sistema de valores propio (a maneira de entender o mundo, de estar no mundo) como cara adiante, contribuindo a crear un novo horizonte colectivo desexado (de xenero, de clase, de sociedade).

Parece claro que, nun pais en vias de construccion coma o galego, nada é inocente e, sobre todo, nada é apolitico. E o sistema cultural en xeral, e o das artes en particular, moito menos. E o campo musical menos ainda, tendo en conta que é un dos que mais visibilidade social ten, e no que os seus membros acadan mais rapida e masiva influencia social.

Asi pois, non nos podemos quedar nunha concepcion da musica como un elemento cultural transmisor de pracer estetico, porque o enorme grao de autoconsciencia do campo musical galego (coma de moitos outros campos culturais galegos), asi como a clara vontade de intervencion social de determinados xeneros musicais, fan que, tamen aqui, tenhamos que reflexionar sobre o grao de autonomia ou heteronomia respecto ao campo politico en particular e a representacion da sociedade en xeral.

Como pode verse, estamoslle aplicando à musica galega a nocion de campo que Bourdieu describira para a literatura. Conscientes de que, para non cair na simplifiacion, debera analizarse profundamente. Un traballo que, nin temos feito, nin consideramos que entre dentro das limitacions (espacio-temporais) dunha comunicacion coma a que aqui presentamos. Asi que imos simplificar e agardamos que, as catro cousas que imos dicir a continuacion, sirvan, polo menos, como apuntes para o que puidera ser, noutrora, unha achega mais pormenorizada ao campo musical galego.

A AUTOCONSCIENCIA CREATIVA: «Eu non sabia� o xefe non me dixo�»
No terreo das artes a falta dun «xefe» que diga, fai que cada quen sexa o primeiro e ultimo responsable das decisions e das tomas de decision sobre o producto artistico que crea. Claro que as leis do mercado estan ai fora limitando a liberdade creadora d@ individu@, pero tamen estan as leis internas do campo, as do reconhecemento inter pares, e dun/ha depende a maior submision a unhas ou a outras.

O que esta claro é que, dende o momento en que se asume (e se manifesta mesmo) que se fai «musica galega» hai un compromiso politico. Porque se esta delimitando unha realidade que non existe en por si. Estase creando politicamente un (ou dous) novo campo cultural: o da musica galega (como algo propio dun outro algo propio ao que lle corresponde o adxectivo «galego»). A identidade musical galega, coma a identidade nacional, tamen se construe pois sobre discursos comprometidos. E no campo musical, coma no nacional tamen, a falta de compromiso co propio implica a asuncion (cando non a militancia) do alleo.

E ainda que teoricamente o compromiso politico non debe implicar a mestura do discurso artistico co discurso politico o certo é que, na practica, o limite entre ambolos dous discursos non esta nada definido e a marxe de seguridade non existe nin sequera a nivel fisico. E ainda que teoricamente tamen se pode soster a existencia de leis propias e internas do campo, o certo é que, nun pais en vias de construccion coma o galego, en nun campo tan inmaduro coma o campo da musica galega, a submision aos condicionamentos externos é ainda maior.

E isto xuntase a que o campo musical é un campo especialmente cotizado para a transmision de propaganda ou resistencia fronte ao poder establecido. A forza da sua performance en directo, asi como a sua considerable presencia mediatica en xeral, fai dos musicos uns axentes sociais privilexiados. Por iso consideramos que lles compre, mais ca a ninguns outros, a reflexion. Como diria o outro: “Sitio distinto, / estamos en guerra, / Sitio distinto, / pero hai que reflexionar”.

“ESTAMOS EN GUERRA, PERO HAI QUE REFLEXIONAR”.
Hai que reflexionar, tanto se se traballa con materiais recollidos da tradicion, coma se se crean novos repertorios. Porque no primeiro caso hai que ter en contar que hoxe en dia a nosa tradicion musical xa non se transmite oralmente, nin se reelabora comunalmente, senon que se transmite de multiples maneiras e se elabora en locais de ensaio. E grabanse discos, nos que aparecen nomes propios e textos escritos, que fixan e canonizan repertorios. E transmitense en espectaculos enriba dun escenario no que a xente, e sobre todo un publico galego avido de referencias autolexitimadoras, pode ver algo mais ca un espectaculo ludico. Pode ver un modelo de sociedade. As artistas e os espectaculos convertense (mesmo sen elas sabelo) en referentes para os espectadores, que se sentiran mais ou menos proximos aos valores e ao modelo de sociedade que consideran que se lles transmite.

Por iso imos tentar exemplificar o dito ata agora con traballos de mulleres musico dentro do campo musical galego. O cal non quere dicir que consideremos que a condicion feminina tenha no campo musical galego un espacio de seu. Pero si, que tenta crealo, ou mais ben, reinventalo. Porque se unha muller escritora, pintora, arquitecta ou escaladora xera desconfianza, unha muller que canta xera tenrura e, na maioria dos casos, retorno pracido ao paraiso da infancia. Un capital simbolico que ben dado no xenero da musica tradicional.

Iso fai que un alalà melancolico pandeireta en man sexa o mellor pasaporte para entrar no machocentrico mundo da musica galega. Unha muller gaiteira, ou unha que toque a guitarra electrica e cante ska teran que pagar aduana. E entraran ou non en funcion do capital simbolico (ou non tan simbolico) que poidan fornecerlle os homes que as rodean: avos, pais, irmans, companheiros sentimentais, etc. Porque unha cousa son as regras de valoracion interna do campo, e outra os habitus sociais establecidos. Pero cantando e tocando a pandeireta non hai espermatozoide que se resista.

Nos so nos imos ocupar dalgunhas das que cantan. E, sobre todo, do que cantan. Porque as letras das cancions parecennos a manifestacion mais explicita do complexo sistema de comunicacion da musica. E porque nos parecen o mellor lugar para atopar a posible consciencia reflexiva tanto respecto do campo musical como da condicion feminina. E tanto por parte das creadoras (autoras) coma das “recolectoras” da tradicion musical galega. Porque tanto nos discos coma nos concertos en directo estan a transmitiren unha idea de nacion e de xenero o suficientemente explicita coma para merecer unha reflexion sobre as leis de conservacion ou reaccion que a rexen. De dinamicas internas (de reconhecemento inter pares), ou externas (de capital economico). E en qué medida no caso da musica de mulleres, a condicion feminina pode xogar, por loxica interna do campo e polo que vimos de dicir, un papel conservador a nivel interno e contradictorio cunha imaxe rompedora cara a fora.

E vou tentar por un exemplo: unha artista coma Mercedes Peon, que poderiamos considerar que pasou as probas de “pureza” musical logo do seu paso polo programa Luar presentando a seccion de “musica ancestral galega”, que diria ela, no seu primeiro traballo discografico (Isué, 2000) volve necesitar purificarse (non vaia ser o demo) no priscino pote do alalà, cantando a capela (e no mais puro estilo aldeàn mesmo no tocante ao acento linguistico) a famosa copla �levame no carro leva, carreteirinho das uvas, levame no carro leva, comerei das mais maduras�. E choca atopar nun traballo discografico que pretende ser rompedor (outra cousa é que o consiga) unha concesion ao topico tan gratuita. Unha muller cantando de home (a mestura da enunciacion lirica masculina e feminina é unhas das constantes dos traballos de recollida), cun texto pasado de moda (por non dicir de tempo), e nun formato musical do mais clasico.

Parece que na musica galega nunca se lle rende homenaxe suficientre à tradicion. Nunca se lle agradece abondo @s vell@s o seu legado. Nunca se xustifica un o suficiente o que fai, de onde aprendeu este ou aquel aire. E se llo aprendeu a Marica da Fonte, moito mellor ca se o leu no Casto Sampedro.

Pero hai que reflexionar. E a reflexion sobre a tradicion compre facela tanto à hora de seleccionar o repertorio coma de seleccionar a maneira de facelo chegar a un publico distinto do publico primeiro para o que foi creado. Neste caso baseamonos nos textos das cancions do grupo de pandereteiras Leilia, para dicir que o sistema de valores no tocante à lingua, o xenero feminino ou a sociedade, permanecen inalterables con respecto ao sistema tradicional. Iso ocorre tanto no seu primeiro traballo dicografico (Leilia, 1994), coma no segundo (I e verdade i e mentira, 1998), malia que neste introduzan reflexions explicitas sobre a tradicion co fin de xustificaren as innovacions que introduce o disco.

En ambolosdous mesturan o castelan e o galego, mesturan voces enunciativas masculinas e femininas e cantan unha realidade fisica e socioloxica que non se corresponde, en moitos casos dende fai seculos, coa realidade galega.

A tradicion musical galega pesa nelas tamen como elemento lexitimador dentro do campo. E todas se achegan a esta tradicion con fins lexitimadores ou como fontes “puras” de inspiracion para as suas novas creacions. Ningunha artista das que mais ou menos revisamos para este traballo, se achegou à tradicion musical galega con intencions deconstructivas. Nin sequera con respecto à representacion por veces insultante do rol da muller na sociedade tradicional que nela se transmite . Unha dinamica esta que so a progresiva maduracion e autonomia do campo podera ir superando.

Xa no ambito da creacion propia, a reflexion, ou sexa, as tomas de posicion, establecense tanto a niveis de un mesmo (de “liberdade persoal”) como da insercion nun programa colectivo soberano para a sociedade galega. Da musica coma ferramenta, e non so como ben cultural, que dicia Even-Zohar respecto da literatura (Even-Zohar, 1997). Por suposto, falamos das dinamicas externas ao campo, posto que, polo momento, a adscricion unicamente a leis internas do campo é bastante dificil debido a febleza do campo. E no ambito da creacion feminina que estamos comentando, menos ainda.

Con respecto a esta vontade de intervencion social, vou anotar tres textos de cancions. A primeira é de Ana Kiro e fala da emigracion, problematica (ou tematica no seu caso) sobre a que atopamos ducias de referencias nesta artista e que ela mesma sufriu nesta cidade de Barcelona. E fala da dureza da despedida, do sentimento da morrinha, dos recordos da terra deixada atras, e do continuo desexo de regresar, pero aparecen expostos, sen o minimo espirito critico. Coa naturalidade dos fenomenos naturais, coma se dunha especie de “habitus” do pobo galego ao longo dos seculos se tratara. Un falar por falar sen dicir nada. Ou, o que é peor, dicindo o que queren que digamos, preservando a orde social establecida. Asegurando que chove mentras mexan por nos.

O meu lar
Letra: José A. Diaz Prado. Toda unha vida (1998)
Cando oio soar unha gaita / alegrase o meu corazon
Pensando na minha Galicia / pensando naquel meu amor.
Ten praias e campinhas tan fermosas / ten rias que bican o mar
Quixera voltar a Galicia / quixera voltar ao teu lar.
Pasei rios pasei fontes / saltei regatos pequenos
Ala onde me eu criei.
Unha aldeinha pequena / con montanhas de recordos
Onde quixera morrer.
Emigrei a moitas leguas de ti / pero nunca me cansei de dicir:
Querote moito Galicia / Galicia querote moito / canto me acordo de ti.

Nunha outra linha mais autoconsciente temos un texto de Mercedes Peon animando ao uso do galego. Pero o texto, ten como maximo atrevemento o de ser unha cancion para animar ao uso do galego nestas alturas do campionato (que diria o outro), xa que polo demais os argumentos son do mesmo tipo �naturalista� ca no texto anterior.

De seu
Letra: Mercedes Peon.
O galego que non fala na lingua da sua terra non sabe o que ten de seu,
Non sabe o que ten de seu perdidinho polo mundo sen saber o que xa é meu.
Perdidinho pola vida rexeita a sua lingua sabendo que vén de atras,
Sabendo que vén de atras da nosa xente querida, ainda hoxe falamola!
Falamola naturalmente, falamos coma a nosa xente, non nos podemos queixar.
O galego que non fala a lingua da sua terra non sabe o que ten de seu,
Non sabe o que ten de seu, nin é merecente dela, galego da tua Terra.

E como unha outra posibilidade de discurso social un pouco mais reflexivo e mais argumentado proponhemos unha cancion de Uxia Pedreira:

Leverelem (2002)
Letra: Uxia Pedreira
E concepcion monoteista / pensar que existe unha so solucion/
é um conceito vanal / o dividendo por baixo do divisor /
é unha historia perdida / a evidencia de grande pensador /
é um debate sem limite / como fazer a perfeita revoluçom/
é um debate sem limite / como fazé-la perfeita.
E muito definitivo / uma janela tapiada na habitacion /
é altamente agradavel / conhecer um valente que tenha valor /
de feito é habitual / nom dizer nada novo na conversaçom /
é um debate sem limite / como faze-la perfeita revoluçom /
é um debate sem limite / como faze-la perfeita.

No tocante ao tratamento da condicion feminina, no que à conservacion dos roles tradicionais ou à deconstruccion de modelos se refire (tendo en conta de que o feito de que elas estean sobre un escenario xa é unha ruptura, polo menos da funcion, ainda que o producto poida seguir sendo o mesmo), o repertorio tamen esta bastante dominado polos modelos sociais masculinos, en xeral.

Como mostras da achega a unha nova sensibilidade e expresividade feminina, ofrecemos o texto da cancion “Seiva” de Uxia Senlle onde aparece a autoconsciencia creativa e feminina:

Seiva
Letra: Uxia Senlle.
Bebo en fontes / onde nunca bebin /
navego / en mares distintos / perdome / en longas travesias / lonxe do meu caminho.
Lembrome / dun anxo verde / e dun raio azul.
Quedas atras, moi atras / onde non te podo ver / pequeno e distante.
(…)
Tenho nos ollos / pracidos coitelos / acedos versos nas veas /
verco na area / todo o meu segredo / son seiva e sineira.
(…)

Un texto de Mercedes Peon no que nos amosa unha outra sensibilidade feminina na percepcion do mundo e na relacion co mundo tamen.

Serea
Letra: Mercedes Peon.
Hoxe eu reconhecin a quen eu botaba en falta dende a infancia.
Ela é ben bonitinha, cinguidinha da cintura, parece unha serea, loira, feitinha e salgada.
Para quen entrou na minha vida especial, para ela sera toda regalia.
Senhorita desta casa, coa luz laranxa ao entrare,
coa musica tan dondinha, olores por todas partes.
E se non fora por ti, meu caravel encarnado, e se non fora por ti, ainda estaria esperando.
Para quen entrou na minha vida especial, para ela sera, toda regalia.

E un ultimo texto de Uxia Pedreira moito mais atrevido en canto à representacion da muller:

Um tres pra tres
Letra: Uxia Pedreira, 2003.
Ai mulleres que lamen as latas coma gatas
Ai mulleres cos pes na terra e o vento nas velas
Ai mulleres valentes que ensinan os dentes
Ai mulleres que cosen nas fabricas explotadas
Ai mulleres que se pintan de caolim na costa de Marfim
Ai mulleres que non se pintan e non pasa nada
Ai mulleres pequenas, delgadas e caladas
Ai mulleres redondas e altas, coloradas
Se non che chega este mundo faite astronauta.

Xa para rematar gustariame dicir que eu considero que o campo da musica galega é dentro do sistema cultural galego, un campo feble. Hai que ter en conta que en Galicia o tecido insdustrial da musica é moi escaso ainda, asi coma a rede de concertos, e a propia profesionalizacion do sector. Moitas das reflexions aqui verquidas sobre este traballo, se cadra xa estaran resesas mesmo cando este se publique, tendo en conta que, ainda que feble, o campo musical galego é un dos mais productivos na cultura galega e hoxe en dia. Augurandolle mil discos mais, e mil cancions galegas, feitas por mulleres galegas autorreflexivas e valentes, vouvos dar a despedida (non vola quixera dar, etc. etc.).

———————————————————————————————
BIBLIOGRAFIA CITADA:

ALEN, Pilar. Historia da musica galega, Cantos, cantigas e canticos. Vigo: Edicions A Nosa Terra.
BOURDIEU, Pierre (1992). Les Règles de L’Art. Paris: Seuil.
COSTA, Luis (2000). La formacion del pensamiento musical nacionalista en Galicia hasta 1936. Tese de doutoramento en CD-Rom, ano 99, USC.
EVEN-ZOHAR, Itamar (1990). Poetics Today, 11, 1, pp. 1-268.
— (1999). “La literatura como bienes y como herramientas” in VVAA. Sin fronteras. Ensayos de literatura comparada en homenaje a Claudio Guillen, Madrid: USC, U. Pompeu Fabra, Ed. Castalia.
FIGUEROA, Anton (2001). Nacion, literatura, identidade. Vigo: Xerais.
LOMAX, Alan (1968). Folk song style and culture. New Jersey: Transaction Books.
STREET, John (1985). No satisfaction… Politics and popular music. University of East Anglia.
VILLALTA, Luisa (1999). O outro lado da musica, a poesia, Vigo: Edicions A Nosa Terra.
LOSADA, Oscar e ESTEVEZ, Xose Manuel (2000). Cronica do Folk galego, Lugo: Editorial Tristam.
SANTAMARINA, Anton & SCHUBART, Dorothé. Cancioneiro popular galego. Fundacion Barrie de la Maza.