Un Pouquiño de Amor pola Música de Raiz

Angel Graña / Lalín. Faro de Vigo.

A comunidade escolar do CMTF conmemorou onte os seus primeiros 5 anos de existencia cun dia repleto de actividades. Profesores, alumnos e amantes da música de raiz deronse cita en Lalín para homenaxear un proxecto que Uxía Pedreira, directora do centro dezano, espera poder exportar fora da comarca.

A peculiar festa de cumpleanos comezou ás 13 h. no palco da Rua de Rosalia de Castro cun concerto do Combo Folque “en sesión vermut” que deu paso a unha comida de confraternidade.

A tarde albergou dous dos actos mais entrañabeis da celebración. A partir das 16 h., o recinto da Sociedade convirteuse nunha improvisada aula na que se levou a cabo a presentación do libro “Cantos e bailes da Galiza” do profesor Jose L. d.P Orjais, unha reedición do cancioneiro de Inzenga.

O autor estivo acompañado polo seu editor Xavier Paz e destacou a labor do CMTF “vivo e con un profesorado diferente que produce alumnado librepensador”. Orjais lembrou que todo o que aparece nesta reedición estaba constadato pois “os cancioneiros non deben ser compartimentos estanco”. O profesor do CMTF confesou que “intentei facer un cancioneiro cómodo e útil, unha auténtica ferramenta de traballo”. O gaiteiro Edelmiro Fdez fechou o acto ilustrando algumas das partituras do Cancioneiro de Inzenga cunha alborada e unha muiñeira que arrancaron os aplausos do público presente no Casino.

Acto seguido aparecia en escena o exvocalista dos Diplomáticos ,Xurxo Souto, para facer xusticia ao Frank SInatra galego: o sr. Pucho Boedo. Souto presentou o documental do que é guionista e director, “Pucho Boedo: un crooner na fin do mundo” entonando o clásico “A Santiago voy” coreado por todos no casino. A película reivindica a música de Los Tamara, un grupo extraordinario para un tempo excepcional.

Os salons do Casino deron paso á musica en vivo. Os mais pequenos do centro puxeron en práctica o aprendido durante o curso nun concerto no Auditorio repleto de referencias á musica de raiz. O fin de festa foi ás 23 h. na mesma rua de comezo, na rua Rosalia de Castro cun Serán-urbán con Celso F. Sanmartin, o mesmo Edelmiro Fdez, o cuarteto de gaitas do CMTF e o duo de Oscar Fdez e Carlos Quintá.

:::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::

Crónica musico-poética
Ese mesmo dia celebrabase o 5º aniversário do CMTF e remataba o II Curso de Postgrado sendo o último profesor do ano un lalinense, o productor Vitor Belho nado en Bendoiro.

Ás 13h diriximonos á rua de Rosalia de Castro apodada rua dos viños, e foron locais desta rua quen apoiou os actos e a festa nocturna expecto o Restaurante a Molinera e o Rua.

Muito arte e muito mais amor no concerto do Combo Folque na sesión vermut sen vermut, en definitiva trasladamos a aula combo do Conservatorio ao palco, á rua coa amplificación de Felix e as boas mans-orella do tecnico Pachi.

Logo, xantamos nas Vilas e a falta do camareiro Vitor fomos honrados polo novo e improvisado camareiro Celso F. -contacontos do seránurbán da noite- .

A tarde do café fixose amena e agradabel no Casino. Este fermoso espacio situado no centro de Lalín acolleu a presentación do libro de José L. d.Pico Orjais – unha das tres persoas que realizou a concepción intelectual do centro antes da sua formación xunto con Ramón Pinheiro e Ugia Pedreira- acompañado polo libreiro Xavier Paz da editora “Difusora”.

Falamos, rimos, lembramos e escoitamos algunha partitura do Inzenga tocada polo mestre Edelmiro Fdez á gaita.

A presentación rematou e colleu sitio Xurxo Souto. Xurxo foi convidado para presentar este documental que trata sobre a vida dunha das millores voces que deu Galiza, a de Pucho Boedo. Saudou, presentouse e inmediatamente todo o casino cantou a primeira parte de “A Santiago voy..”. Apaixoadamente, como non pode ser doutra maneira, Xurxo falou de Pucho e do silenciado documental feito desde hai 2 anos.

Alguen dixo que nese casino habia muitos personaxes por metro cuadrado: Pucho, Romo, Oscar de Cempés, Xurxo Souto, Chito, Pedro Pascual, Guadi Galego, Vitor Bello, Xavier Paz, Ugia,… socios do casino, seguidores/as de Pucho, alumnado interesante e interesado, futuros músicos… todos e todas admiramos esa tarde aos Tamara, mentras que no Casino lucian as vellas fotos da Orquesta Florida de Lalín.

Ás 20 h. cambiamos de cadeiras e sentamos no novo auditorio para ver o espectáculo- concerto dos nenos e nenas da Efi acompañados por alumnos de canto, sanfona e diatónico do CMTF e os seus profesores Pilar Araujo e Pablo Pacior.
Eran 8 nenos e nenas con 6 pezas preparadas para ser tocadas, cantadas e bailadas. O concerto da Efi foi un momento especial para as 50 persoas que estabamos no auditorio e un momento de caramelo para o futuro da música en Lalín.

Á noite abriuse a jam-sesión en palco, o Serán Urbán con certo baile solto e agarrado por parte dos asistentes. Celso Sanmartin abriu o serán lembrando a música da natureza e a música de Luis Areán (presente desde a mañá na memoria de muitos de nós) e contou un conto que engaiolou. Ugia P. non contou, cantou duas veces unha dos Tamara. Edelmiro Fdez. deu mostra unha vez mais da sua grande calidade musical e puxemonos a danzar. O cuarteto de gaitas do CMTF mostrou a sua dose de técnica ,frescura e boa elección do repertorio no palco para que non deixaramos de mover os pés. O duo formado por Oscar Fzd.-sanfona- e Carlos QUintá – diatónico – veu cargado de máxicas cancións e mellores arranxos e danzamos polcas, chotes, muiñeiras. Improvisadamente foron acompañados no bombo polo Chino, no tamboril polo Chito e por Pacior á flauta. Improvisadamente aquel quinteto estaba cheo de muita arte e muito mais amor que nos deron a todas.

As mulleres cantamos, cantaron no palco, bailamos, bailaron debaixo dele e construiron situacións. Maria e Cris acompañaron co violino e o cello a gaita de Roberto Sala… deixando lugar aberto a quen queria ia subindo a tocar, cantar ou a contar… asi até as duas da mañá, momento no que Edelmiro Fdez decideu comezar o seu paseo musical con gaitas ao lombo pola vila.
E até outra vez será o próximo serán urbán feito por xovens con cualidade musical.

Agradecementos especiais nesta festa a organización: Martázul, Carlos Quintá, Ugia, Pilar Araujo. Á axuda prestada por Miguel Calvo.

Aos profesores Edelmiro Fdez, Oscar Fdez e Roberto Sala.
A todo o alumnado en especial a Gutier, Pablo Cid, Pacior, Xian, Azucena, Inés, Bea, Cheché polo apoio á EFi.

A Xurxo Souto por vir, a Vitor Belho e Xavier Paz por estar. Ao casino e ao Patronato. Ao Segrel, Taberna del tuerto, Asturiano, O Chanqueiro, Laxeiro, Taberna Café, O grolo do tolo e o Maloka.