Reforma da Propiedade Intelectual e Cultura Libre

COPYFIGHT reúne en Barcelona aos maiores peritos en Cultura Libre e Reforma da Propiedade Intelectual.

Lawrence Lessig, Wikipedia e John Perry Barlow encabezan mais dunha vintena de conferéncias, talleres e apresentacións no CCCB.

Os efeitos do copyright e o alcance das leis da propriedade intelectual sobre o desenvolvimento cultural converteronse nun dos debates mais acalorados dos últimos anos.

fonte: www.arredemo.info

Todos queren protexer a cultura, pero de quen? dos artistas? dos consumidores? É a cultura un artigo de luxo? Pode-se posuir? Estas contradiccións enfrentan hoxe a gobernos e instituizóns públicas, a empresas cos seus próprios clientes, ás sociedades de xestión de direitos cos seus próprios artistas.

COPYFIGHT é unha reflexión acerca dos modelos de creación e propagación artística, a lexitimidade do proceso creativo e a influéncia das leis de propriedade intelectual sobre o desenvolvimento da cultura. O evento reunirá en Barcelona aos maiores especialistas en propriedade intelectual e cultura libre, como o advogado Lawrence Lessig, o maior perito en ciberdereito e fundador de Creative Commons; John Perry Barlow, autor da �Declaración de Independéncia do Ciberespazo e fundador do Electronic Frontier Foundation, e Cory Doctorow, romancista, colaborador de Wired e editor de Boingboing, o weblog de cultura dixital mais lido da Rede. Tamén apresentarán os seus proxectos as responsábeis de Wikipedia, a enciclopédia libre do coñecemento humano; Downhill Battle, o grupo mais activo da Rede contra os abusos da indústria de entretemento e Illegal Art, apresentando a sua colección de obras de arte en conflito coa lexislación vixente. Participarán importantes representantes da indústria cultural española como Xota, líder do grupo de pop independente Os Planetas e José Antonio Millán, editor do Dicionário da Real Academia en CDROM.

COPYFIGHT está dirixido e coordinado por Oscar Abril Ascaso e o colectivo Elástico (Antonio Cordoba, Marta Peirano, José Luis de Vicente, Ignacio Escolar).

CONFERÉNCIAS. Cada dia a mesa estará adicada a unha área da cultura: literatura e cultura escrita, música e entretemento e software e cultura dixital. Lawrence Lessig exporará o modo no que a indústria do entretemento regula a creatividade dos artistas por medio das leis da propriedade intelectual e por o que o copyright se renova cada vez que Mickey Mouse está a ponto de entrar no domínio público. John Perry Barlow falará do mercado das ideas e da independéncia da comunidade virtual. Cory Doctorow contará como se gaña a vida vendendo romances que permite descarregar, copiar e distribuir libremente en Internet.

Entre os convidados nacionais, o editor dixital Jose Antonio Millán explicará por que o patrimonio lingüístico debe ser libre. O romancista Hernan Casciari valorará a súa experiencia como escritor na blogosfeira. Pablo Souto, músico, produtor e responsábel de duas das redes de troco mais populares da Rede, falará do intercamio de arquivos como ferramenta de promoción para os músicos. Bram de Jong, lenda da programazón de audio, apresentará o seu banco de sons libres asentado na Pompeu Fabra de Barcelona. Amador Fernández-Savater, editor de Acuarela libros, explicará como se poden vender libros que se poden fotocopiar; Xota, cantante e guitarrista Dos Planetas e Bea, guitarrista do grupo Nosoträsh, contarán de que viven realmente os músicos e Xesus Barahona, membro de Hispalinux e fundador de Barrapunto, falará da importáncia do software libre.

Cada mesa contará con un advogado especializado en formas de distribución e licenzas alternativas, ciberdereitos e cultura dixital. Os xornalistas Jose Cerveira, Ignacio Escolar e Marta Peirano moderarán debate-los.

APRESENTACIÓNS ESPECIAIS. Unha apresentación artística pechará o ciclo de conferéncias cada dia: Illegal-Art apresentará unha ampla colección de obras que rompen os limites da Propriedade Intelectual; Downhill Battle repasarán as suas campañas mediáticas contra a censura, o abuso e o monopólio das grandes multinacionais sobre artistas e consumidores e Jimmy Wais falará de Wikipedia, a enciclopédia infinita do coñecemento universal construída, editada e ampliada cada dia por milleiros de persoas na Rede.

INSTITUZÓNS. Representantes de administracións, universidades e medios de comunicación discuten sobre Cultura Libre e analisan de que maneira as instituizóns españolas se poden beneficiar dos modelos alternativos de propriedade intelectual.

TALLERES. Cada mañá haberá un taller de introdución a un programa libre de creación artística: Blender, unha aplicación para realizar animacións e videoxogos en 3D por conta do deseñador de videoxogos Julian Oliver; Processing, un entorno de programazón alternativo a Flash e Director e Pure Data, o programa favorito dos Vjs para xerar e manipular imaxes e son en tempo real.

DESCARGAS. Haberá un espazo de descarga de música libre e textos relacionados coa cultura libre e a propriedade intelectual por conta de Platoniq e Elástico respectivamente. Todo se pode descargar, tostar, reutilizar, imprimir, remisturar e distribuir libremente sen crebar a lei.

PROXECCIÓNS. O auditorio do CCCB proxectará unha selección de filmes, curtas e documentais relacionados coa apropiación artística, a obra derivativa e a cultura do corta e pega. Entre outros, F for Fake de Orson Welis sobre os falsários de arte, o clásico Sonic Outlaws sobre o Culture Jamming e dúas obras de Virgil Vildrich, gañador de 32 prémios internacionais e nomeado ao Oscar á mellor curtametraxe.

CONSULTA LEGAL. Nove advogados e peritos en Propriedade Intelectual doan unha hora do seu tempo para asesorar aos asistentes e aclarar calquera dubida sobre dereitos de autor, licenzas e copyright.

COPYFIGHT é unha iniciativa de Oscar Abril Ascaso e de Elástico (Antonio Cordoba, Marta Peirano, José Luis de Vicente, Ignacio Escolar).

DATAS E HORÁRIO:
Venres 15 de Xullo a Domingo 17 de Xullo.
De 11:00h a 22:00h.

LUGAR:
Centro de Cultura Contemporànea de Barcelona
C/ Montalegre 5, 08001 Barcelona
Tel. 93 306 41 00 Fax. 93 306 41 01