II festival folk “Sons do Vento” Melón

Os membros da banda de gaitas “Amigos do Mosteiro”
quere invitar a tódalas persoas a participar no
II festival folk “Sons do Vento”
que se vai celebrar no parque de Melón o 16 de Xullo.

Para nós este evento será moi especial porque este ano cumplimos 10 anos.
Moito tempo xa dende que o ano 1995 comenzaran as clases de gaita na parroquia de Melón.
Presentamosvos o programa esperando que sexa do voso agrado e invitamosvos a disfrutar deste festival nesta data tan sinalada para nós.

Se queredes máis información dos grupos podedes visita-la nosa web:
www.geocities.com\bandadegaitasdemelon

Unha aperta.

—————————————————————————————
II FESTIVAL FOLK “SONS DO VENTO”

16 de Xullo do 2005

LUGAR: No parque de Melón, a carón do Mosteiro de Sta. María
(Concello de Melón – OURENSE)

PROGRAMA:

21:00 Concerto das bandas de gaitas:

  • B. G. “BEIRA DO AVIA” de Leiro
  • B. G. “OS FIADEIROS” de Pereiro de Aguiar
  • B. G. “OS TRASNOS” de Ourense
  • B. G ” VIRXE DO PORTAL” de Ribadavia
  • Grupo de Gaitas “A CAÑIZA”

22:00 Comenzo do festival, actuarán:

  • Grupo de baile “Inquedanzas” de Tui
  • Paulo González (sanfona electr.) e Lucía Martínez (vibrafone)
  • B.G. “Amigos do Mosteiro” e convidados
  • Grupo folk “Vicus Spacorum” (Vigo)
  • Grupo folk “Xerfa” (Vigo)
  • Grupo folk “Coanhadeira” (Ourense)

ACTIVIDADES PARALELAS:

Con motivo do X aniversario da banda haberá unha pequena exposición de fotos, premios, trofeos, anécdotas e recortes de periódico.
Exposición de traxes folclóricos e rexionais.
Mostra de artesanía.

O remate do festival farase unha queimada popular gratuita invitando
a tódolos asistentes.

Haberá comida, bebida e zona gratuita de acampada.

ENTRADA LIBRE E GRATUITA