Bar Liceum: información Uxía

Benquerid@s amig@s:

Esta semana, e xa para rematar deica Outubro, un broche de ouro a nosa programacion, Uxia “Na casa”, evidentemente dende que voltamos a programar, estivemos tentando que actuase, pero nunca foi posibel, esta claro que non nos rendimos e imos compartir convosco, un dos mellores concertos da vida do Liceum.

Uxia retorna ao Liceum, a casa, para ofrecer un recital intimista cun repertorio que inclue unha revision das composicions historicas da musica galega (Unha noite na eira do trigo, Negra sombra, Lonxe da terriña) e outras propias que nalgun caso formaran parte do seu inminente novo disco.

Neste recital tentara fundir o alala, o fado e a morna para destilar un unico sentir con perfumes moi variados. Sumara tamen as voces dos nosos mais significativos poetas e letristas ademais das suas composicions para pintar a paisaxe da musica interior desta artista que ven de percorrer escenarios de Europa: Holanda, Alemaña e Belxica cunha proposta que despertou un enorme interes nos auditorios e teatros nos que estivo presente.

Nestes recitais e neste que nos ocupa vira acompañada de Paulo Borges, un pianista e acordeonista que naceu nas illas Azores e que recolleu dende esa privilexiada situacion os ventos musicais do Atlantico, recollendo e espallando esta cultura nos diferentes proxectos nos que ten colaborado. Xuntos levarannos a un paseo polos ambientes e ritmos da musica dos territorios lusofonos imprimindo sempre un selo persoal que diferencie e singularice estas musicas.

Sera o venres 8 de Xullo, ollo a hora, as 22 horas. Os prezos 12 euros, 10 anticipada e 6 para socios. Adxuntovos unhas notas informativas e quedo a vosa disposicion para calquera cousa que precisedes, tamen podedes botar man da nosa paxina web: http://www.barliceum.com.

Unha aperta moi grande
Paco Quintas

Contactos:
Paco Quintas: 986-330520 Traballo 986-330740 Casa 670-016754 Telemóbel

——————————————————————————————-

Uxía “na casa”

Uxía retorna ao Liceum, a casa, para ofrecer un recital intimista cun repertorio que inclúe unha revisións das composicións históricas da música galega (Unha noite na eira do trigo, Negra sombra, Lonxe da terriña) e outras propias que nalgún caso formarán parte do seu inminente novo disco.

Parte, como sempre, da tradición e das atmósferas do seu lugar de orixe, Galiza, para reinventar e personalizar as sonoridades que envolven este universo musical rico e diverso. Dota de vida, cor e calidez esta cultura que emparenta cos países lusófonos que comparten a mesma lingua. Tenderá esa ponte que se pode establecer a través do Atlántico con Portugal, Brasil e a África lusófona.

Neste recital tentará fundir o alalá, o fado e a morna para destilar un único sentir con perfumes moi variados. Sumará tamén as voces dos nosos máis significativos poetas e letristas ademáis das súas composicións para pintar a paisaxe da música interior desta artista que ven de percorrer escenarios de Europa: Holanda, Alemaña e Bélxica cunha proposta que despertou un enorme interés nos auditorios e teatros nos que estivo presente.

Nestes recitais e neste que nos ocupa virá acompañada de Paulo Borges, un pianista e acordeonista que naceu nas illas Azores e que recolleu dende esa privilexiada situación os ventos musicais do Atlántico, recollendo e espallando esta cultura nos diferentes proxectos nos que ten colaborado.

Estudiou composición que logo aplicaría como autor de bandas sonoras para teatro (Alpendre, Trigo Limpo, Acert) e televisión así como concertos e discos de varios artistas (Filipa Pais, João Afonso, Coro dos Tribunais, Zeca Medeiros, etc). Foi tamén director musical da última edición de Cantos na Maré, espectáculo lusófono celebrado no verán pasado en Pontevedra e concebido pola propia Uxía e no que particparon moi diversos artistas desta área.

Xuntos levarannos a un paseo polos ambientes e ritmos da música destes territorios imprimindo sempre un selo persoal que diferencie e singularice estas músicas.

INFORMACióN sobre a actualidade do novo disco de Uxía:
Uxía: Tendendo unha ponte musical sobre o Atlántico