VOCES CON-SOANTES. UN MUNDO DE VOZES. 11 de novembro NIPA.

Nipa. Voces Polifónicas do Golfo de Guinea.
Xoves 11 de novembro ás 21 h. na Aula de Cultura de Caixa Galicia (Carreira do Conde, 18).
Este concerto, de entrada libre, enmarcase dentro do ciclo “Un mundo de voces. Voces Con-Soantes”, promovido pola Fundación CaixaGalicia e que se iniciou o pasado 22 de outubro con Bernard Massuir.

Os restantes concertos terán lugar o vindeiro 18 de novembro con ArteSonado de Fátima Miranda e o 14 de decembro con Gospel Soul.

+info: Nordesía Produccións.
Galeras 17, 2º andar, Of.5.
Tfno:981 555930
info@nordesia.com

[+ info] www.nordesia.com/info-2004/041110consoantes.html

NIPA (Ghana)

Nipa é, á vez, unha viaxe do tradicional ao popular, da natureza á metrópolis, un retorno cara o futuro mediante a interpretación vocal dunha herdanza musical, ou incluso arroupada polo silencio e a harmonía na modalidade de canto a cappella. Polifonía africana de raíces guineanas que se nutre de high life, de soul, de gospel e doutros elementos máis.

Este sexteto recolle de forma orixinal os cantos polifónicos que se basean na harmonía universal e nas características pentatónicas do pobo Akan, do que setenta etnias diferentes abandoaron Ghana no século XVII para establecer-se máis ao oeste, entre Liberia e a Costa de Marfil. Pierre Wognin, líder e compositor de NIPA (símbolo de humanidade en idioma ashantí) intenta reconstruir no escenario o ambiente das festividades tribais do Sur da Costa de Marfil. Unha especie de high life a cappella que recurre á improvisación nos dialectos ashantí, fantí, twi e abouré. O obxectivo da actuación básase sempre en xogar co imprevisto de forma controlada …

Forman Nipa, Pierre Wognin (tenor), Sandy Claire Beltai (soprano), Xenia Caraïbe (soprano), Jean-Baptiste Koumelan (tenor), Paul Nemlin (baixo) e Esmonde Kore (alto).