3º encontro galego do acordeón diatónico

aCMTF Lalín – Lauda Musica Ourense.

Este é o III Encontro Galego de Acordeón Diatónico “o acordeón que botou ás mulleres en brazos dos homes como decian os cregos galegos a ppios do XX, o acordeón promoveu os bailes agarrados na Galiza, o acordeón que conquistou ás festas con ritmos chegados de America…

Un instrumento diabólico, seductor e encantador que percorreu muitos palcos europeios, agora tamén galegos”.

Este ano celebrase en Ourense e estan convidados acordeonistas diatónicos de primeira orde da Peninsula.

[+ info: cartaz alta]

Cati Plana (profesora do Esmuc, Escola de Música de Cataluña), Nel Expósito (o futuro do acordeón asturiano, músico de Felpeyu, grupo asturiano de folque que realiza varias xiras mundiais), Artur Fernandes de Águeda – Portugal (membro do grupo Danças Ocultas e achegado ao centro cultural-creativo da Orfeu en Águeda www.dorfeu.com)… e 5 acordeonistas galegos, entre eles Pedro Pascual que irá representando o diatónico galego co seu grupo Marful (prof. do CMTF, Talabarte e a e un dos grandes músicos do pais), Carlos Quinta (o futuro do diatónico formado en Lalín, alumno de Pedro P. e ven acompañado por Oscar Fdez. de Cempés á sanfona) Olga Kirk (Ruote), Toni Hermans (unha holadesa que desde hai 12 anos vive en Pontecaldelas e actuará co seu compañeiro Philippe Copin á sanfona. Eles teñen un fillo Luc, que toca a sanfona e compón con ela), Daniel Meriño compaxina o diatónico e cromático é de Ourense e membro de Lauda Música quen participa na organización do encontro.

Contaremos coa participación de XURXO SOUTO e un convidado especial: Sindo de Olelas (Entrimo).

Ás 21h. Haberá un concerto baile na praza maior de Ourense.

Programación
4 de Agosto de 2005 en Ourense

16h. Inauguración do encontro. Edificio Simeón.
Exposición de acordeóns diatónicos antigos. Col. Joam Pedro Branco.

18h. Conferencia: O acordeón diatónico na Galiza. Ramom Pinheiro. Edificio Simeón.

21h. Concerto-baile presentado por Xurxo Souto. Praza Maior.
Cati Plana (Barcelona)
Nel Expósito (Uvieu)
Artur Fdes (Agueda, Portugal)
Olga Kirk (A Coruña)
Carlos Quintá (Lalín)
Daniel Meiriño (Ourense)
Pedro Pascual (A Cañiza)
convidado especial… Sindo de Olelas (Entrimo)

UM BAILE NA PRAZA MAIOR DE OURENSE AO SON DO DIATÓNICO.
Organiza: Lauda Música – CMTF