VII Festival Músicas da Terra: Ouzande

O próximo 5 de agosto, venres, terá lugar a sétima edición do Festival Músicas da Terra, que organizan a Asociación Cultural A Fervenza de Ouzande e a Xunta Parroquial. Na edición deste ano trataremos de manter o nivel acadado nas anteriores edicións para o cal contaremos co seguinte programa…

Continuando coa proposta da edición anterior, na que contamos cunha das máis importantes bandas do rock galego, Os Diplomáticos, e sen esquecer a presencia da nosa música tradicional, volvemos incorporar unha formación de música máis contemporánea dirixida a todos os públicos, especialmente ao máis xove.

LAMATUMBá (Ourense). Sen dúbida á formación de moda nos festivais galegos do verán. Presentan o seu disco Lume (para que saia o sol). O grupo realiza unha novidosa proposta musical. Mestizaxe de ritmos e sons de orixe diversa: ritmos tradicionais, cumbia, reggae, música festeira, que o grupo pasea na presentación do disco por toda Galiza (Festival do Norte, Foliada de Lalín, Festas de Ourense, Festival de Pardiñas…), e por lugares como Barcelona, Bilbao, Madrid, Granada, etc.

SéRRA-LHE Aí Os acordeóns do Norte volven aos escenarios. Formación liderada por Manolo Maseda, que este ano tamén esta a participar na xira de despedida de Os Diplomáticos. Agrupación de extraordinarios músicos, con base principal nos dous acordeonistas. Prometen festa e música para bailar. O grupo recorreu anos atrás todo o país, mesmo en festas da nosa comarca, como a Festa da Carne, ou os Festivais de Couso ou Callobre.

LINHO DE CUCO (A Estrada). Por terceiro ano consecutivo en Ouzande. Nesta ocasión presentando o seu primeiro traballo discográfico, Linho de Cuco. Como sempre, música para bailar: jotas, rueiros, muiñeiras, e mesmo fox-trot.

XALGARETE Agrupación folclórica do sur de Galiza (Vigo e Ponteareas), que actuará a pé de campo co seu grupo de música tradicional, pandereteiras e baile.

Outras actividades:
Postos de artesanía.
Exposición do artesán local da Madeira Manolo Uzal.
Exposición dos paneis do proxecto de catalogación da aldea.
Teremos, como todos os anos, bar, polbo e churrasco.

Xa están á venda as camisolas conmemorativas do festival, creadas pola deseñadora ouzandesa Rosa Herraiz, e poden ser adquiridas nos seguintes establecementos:

Taberna de Ouzande
A Farola
Tenda Xea
Pescadería Chedas
Café Piaf
Pub Malas Pécoras (Santiago de Compostela)

Ouzande, A Estrada, a 29 de xullo de 2005
En nome da organización,

Xabier Camba Sanmartín 600325941