Aviso da convocatoria de subvencións do Concello de Pontevedra para o ano 2005

Comunicámoslles que o pasado venres 29 de xullo de 2005 publicouse no BOP núm. 145 o anuncio coas bases e a convocatoria do Concello de Pontevedra para a concesión de subvencións a asociacións e entidades sen fin de lucro que desenvolvan accións no eido da cultura no ano 2005.

No mesmo boletín tamén se publican as bases de subvencións para actividades dirixidas á mocidade e para servizos sociais.

Lembrámoslles que o prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o vindeiro martes 30 de agosto, e que deberán presentar as solicitudes no Rexistro Xeral do Concello de Pontevedra.

Para facilitar a tramitación, o Concello ten á súa disposición dossieres coas bases das convocatorias e os impresos para presentar a solicitude de subvención. Poden recollelos nas oficinas da Concellaría de Cultura do Concello, no Soto do Chalé Fontoira (no horario de 8.30 ás 14.30 h.). Tamén poden consultar as bases publicadas no BOP en Internet:
http://bop.depontevedra.es/pdf/2005/07/29.pdf

Co desexo de que esta información sexa do seu interese, reciban un cordial saúdo.

Luís Bará Torres

Concelleiro de Cultura e Normalización Lingüística

Departamento de Lingua Galega. Concello de Pontevedra
Chalé Fontoira. Praza do Campo do Boi, s/n
36071 Pontevedra
Tel: 986863157 / 986845195
normalizacionlinguistica@concellopontevedra.es