O Naranxo :: boletin nº 3 – 2 agosto 2005

A asociación O NARANXO de Lalín crea o seu boletín sobre as actividades do movemento cultural lalinense.

onaranxo.org
Algo esta a mudar en Lalín… Esto empezase a mover!!!!

este boletín envíase á base de datos das Asociacións e grupos de Lalín. se queres recibilo manda un mail a onaranxo@onaranxo.org. e re-envia este boletín a quen consideres oportuno.

Neste boletín:

1. Novas sobre o proxecto “Foro da Cultura” de Lalín.
2. Novas sobre a recollida expansiva de correos electrónicos.
3. Re-Creación da Páxina web de “O Naranxo” e novas do ciberespacio Lalinense.
4. Programa definitivo da algarabía con novidades importantísimas de ultima hora.
5. Festaza en Lalín por mor do “Curso Internacional de Percusión”.
6. Festa en Antas de Ulla.

:::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::

 

1. Novas sobre o proxecto “Foro da Cultura”
de Lalín.

Durante as asembleas abertas para organizar a XXI Algarabía, xurdiu a
idea de que era necesario unha análise en profundidade da situación do
asociacionismo cultural en Lalín, da comunicación e colaboración entre
asociacións, e da participación dos distintos colectivos e particulares
na "política cultural institucional".

Os
particulares presentes no debate constatamos que:

 1º-
a sociedade civil non ten efectivamente ningún tipo de influenza ou capacidade
decisoria na elaboración das políticas institucionais sobre os asuntos
culturais de Lalín.

 2º-
Non existe ningunha coordinación nin fluxo de información entre as asociacións
ou particulares, estando cada un na súa burbulla particular.

 3º-
é necesario XA, acometer o traballo de, por un lado falar con todos/as
aqueles particulares e asociacións que traballan no campo da cultura no
Deza e recadar a súa opinión sobre a necesidade de análise da situación
e formas de coordinación. E por outro e non menos importante, realizar
unha recollida expansiva de correos de aquelas persoas que, non pertencendo
a ningunha asociación, teñen inquedanzas culturais pero por falta de información
non participan ou desenvolven as súas potencialidades.

Postos
xa traballar, podemos informarvos de que ata o momento temos confirmación
positiva das seguintes Asociacións: “O Naranxo”, Asociación Cultural “Manuel
Ferreiro”, Asociación Cultural “Pai Arnego”, Asociación Cultural “Berra”,
Asociación Cultural “Revuelta en el Frenopático”, Asociación do Conservatorio
Folque, Grupo Ecoloxista Sobreira e Voluntariado Social “O Bico Rabudo”.
Todos os grupos subscriben plenamente o proxecto de “Foro da Cultura”
e da necesidade de análise, cambio e sobre todo… acción.

Empezamos
agora a pulsar a opinión de particulares. Para favorecer o poder chegar
ó maior número de persoas e non esquencer a ninguén, decidimos realizar
este traballo mediante o correo electrónico, polo que vos pedimos a vosa
colaboración e axuda  no seguinte:

Si pertences a algunha asociación ou grupo, ou coñeces asociación ou
particular interesado, por favor remitídelle esa información é que se
poña en contacto con foro@onaranxo.org e si tedes/tes
algo que aportar persoalmente e estas interesado/a, non dubides en contactar
e expoñer o que pensas. Convencidos de que decátaste da importancia de
levar a cabo esta iniciativa, pedímoste un pouco do teu interese para
levala a cabo.

2. Novas sobre a recollida expansiva de correos
electrónicos.

A iniciativa de recoller correos electrónicos de xente interesada en
recibir información sobre o que acontece no mundo cultural do Deza vai
por bo camiño, proba dela é este Boletín que estas vendo. Aumentamos moito
o numero de contactos (215), pero constatamos que temos pouca penetración
na xente mais nova. Por eso volvemos a pedir, e especialmente as/os mais
novos, que insistades un pouco cos vosos contactos para que se sumen a
esta recollida expansiva de correos e manden un a onaranxo@onaranxo.org.

Lembrarvos que esta base de
datos esta a disposición de calquera grupo ou colectivo que queira dar
a coñecer as súas actividades. Animo!!

3. Re-Creación da Páxina web de “O Naranxo” e novas
do ciberespacio Lalinense

a www.onaranxo.org
atopase vergoñentamente abandoada dende fai anos.. Fartiños,  andamos
a procura de xente interesada en desenvolver un diseño e unha posta en
acción da web… se alguén esta interesado en participar no proxecto..
e no mellor dos casos quere gañar unhas pesetiñas.. que se poña en contacto
con kg@onaranxo.org.

O portal www.deza.org
ofreceuse a incluir na sua web todos os boletíns de “O Naranxo”, o mesmo
que www.folque.com.
A ver si entre todas as webs, e os Boletíns somos quen de dinamizar esto
un pouco… por certo.. tamen esta a páxina de www.burrican.com,
ainda en construcción que … promete.

4.- Programa definitivo da XXI Algarabía:

Hoxe tivemos moitas novidades: primeiro que resulta que a Algarabía coincide
con actos do Curso internacional de Percusión
(¿¿onde cona vai esa coordinación a hora de informar??), ocurrindo que
o domingo a mesma hora habería por un lado un concerto na praza da igrexa
e por outro teatro na Estatua de Loriga. Ante o que é unha situación absurda,
e despois de falar coa compañía de Teatro Nados, decidimos suspender a
obra de teatro e o acto final de Palabra e poesía, e buscar outra data
que conveña mellor. Por outra banda tamén se suspende o Festival Cutre-Rock
xa que dous dos grupos que tiñan previsto actuar, teñen outros compromisos
ineludibles de ultima hora… Así que, por fin, aquí tedes o que (pensamos)
vai ser o programa definitivo da XXI Algarabía.

Sábado 6

Ás 12.00 horas Trebón e barullo polas rúas de Lalín como inicio
da XXI Algarabía.
Ás 13.00 horas na praza de Calvo Sotelo tradicional cambio de nome
por Praza das Pipas con florido pregón a cargo do Conselleiro Cesante, e
posterior vinito españó.
Ás 13.30 horas V grande Campionato de pañuelo perda-paga o vermú
entre Asociación Cultural O Naranxo contra a selección Clero e Católicos,
diante do Matelo. ¡O reto ós poderes fácticos aínda é posíbel!
Ás 14.00 horas para amenizar o vermú, un pequeno
conciertiño dunha xentiña por convencer na terraza do Matelo.
Ás 14.30 horas no Parque de Loriga Xantar-Pic-nic Playero (Laro
2ª parte).
Ás 17.00 horas na Avenida de “O Naranxo” preparación do “espacio
público de informacióne/ou denuncia”. Se queres dicir algo este é o momento
e o lugar.
Ás 17.00 horas ¡¡¡ Recuperamos o espírito da Exposición no Parque!!!
con montaxe, creación e recepción de obras de autores varios!!. Anímate!!
A fama esta a un paso!
Ás 18.00 horas pintada colectiva de “un regato polas rúas vai
abaixo” .
Ás 18.30 Taller de fabricación de Chapas… Toda o saber revolucionario
de Rubén de Donramiro condensado. ¡pinta, deseña e fabrica a túa chapa!.
Ás 18.30 Taller de Papiroflexia por Xulio Balado. Taller de fabricación
de instrumentos musicais por Kris, María, Azucena e Branca. Taller de
confección de esculturas con moco por Paco el escatológico.
Ás 19.00 Contacontos por Fernando Palitos e Celso e en rigorosa
primicia as imitacións de Juan Nela se podemos convencelo.
Ás 20.00 horas Gran guerra de globos de auga entre os exércitos
das Pipas e Loriga.
Ás 20.20 horas concerto espontáneo. Contaremos seguramente coa mestría
de Iván á guitarra, o virtuosismo de Benxamín no óboe, e seguramente cos
tamén imprescindibles Pepe Factor. e Diego Sieiro… e fora de programa
teremos a actuación estelar de un tipo que canta, acompañado a guitarra
polo seu xefe, que por timidez.. non quere saír no programa… Comentase
que cantará tres cancións.. un corrido, unha country e outra de dubidosa
cualificación…

Domingo 7

De mañá cediisimo espera, chupinazo e corrida da estradense polos sobreviventes
do botellón.
Ás 12.00 saída da “clásica Lalín-Empalme-Lalín” para bicicletas
e vehículos non contaminantes…
Ás 13.00 Inauguracióndo “Boulevard Roman Rodríguez” no inicio do
“Boulevard Roman Rodríguez”
Ás 13.15 sesión vermú no Matelo “amenizada” polo dúo  "Os
Carrasqueses".
Ás 17.00 Continuación da Exposición no parque. Xogos varios coa
axuda da xente da residencia de anciáns: canasta-caldeiro, comba, bolos
con botes e ¡¡en primicia!! o primeiro campionato mundial de Pelota no
aire
Ás 18.30 Campionato mundial de Huevo-pico-laraña. (Ti que andas
falando de que antes si pero que agora os nenos non o saben pasar ben…
a ver si tes collóns a participar).
Ás 19.00  !!!!! merenda tropical. ¡¡¡¡¡¡
Ás 19.30 en primicia, presentación comentada do curtode productora
Ciudadano Frame "La Buena Caligrafía", e de propina outros dous
cortos inéditos de autores varios.
Ás 20.00 teremos a 2º asemblea de nenas e nenos para que fagan
a súa valoración da Algarabía e outros temas.
Ás 20.30 Para finalizar a Algarabía, que menos que un concerto do
Cuarteto Éos. Este grupo, formado por Azucena e María nos violíns, Branca
na viola e Kris no Cello, ten preparado un excelente repertorio que aborda
dende a musica clásica a os ritmos étnicos.. sen dúbida estamos ante o inicio
de algo moi prometedor na canteira de novos músicos do Deza.

5. Festaza en Lalín por mor do “Curso Internacional
de Percusión”

Como vos comentabamos antes, hoxe Dario (o director do Conservatorio
de Música Profesional de Lalín) informounos dos actos do CURSO INTERNACIONAL
DE PERCUSIÓN “MERZA 2005” case todo de gratis e con actividades interesantísimas.

6. Festa en Antas de Ulla.

E xa para rematar, non repostos da Romaria da Tortilla do venres.. da
Algarabía…. presentámosvos o Cartel do Festival Folk Antas 2005.
que será o sábado 6 de agosto a eso das 10.30 da noite, contando
con os fantasticos gaiteiros de Treixadura, o sonido contundente
dos Cempés e Macfeck para rematar!!… vaia fin de semán!!