RQR Musikeo 2005

DOUS DÍAS DE FESTA E MÚSICA NA PRAIA DOS BLOQUES,
con 8 grupos de música

Non parece facilmente comprensible que nun lugar coma Ribadeo, con longa tradición de bandas de rock e contrastado gosto polo música non existise, até o verán pasado, un Festival musical anual. Tivo que ser o RQR, con todas as vicisitudes que houbo, o que o ano pasado, e desde o impulso que a Concellaría de Cultura de Ribadeo lle deu a este desexo, o que abrise o camiño para que ano a ano se vaia asentando un festival na nosa vila.

Dúas asociacións culturais de xente nova – a A.C. Viejo Pancho e a A.C. Mixtura, ás que desde aqui felicitamos e agradecemos o seu traballo- en colaboración cos responsables da área de Cultura do Concello colleron o testigo e van facer posible neste 2005 a segunda edición do festival, aumentada nun día porque, en realidade, este RQR MUSIQUEO ven sendo a fusión de dúas ideas existentes e que, en boa lóxica e demostrando madurez e intelixencia, acabaron xunguidas compartindo datas, escenarios e ilusión por unha causa compartida: a dinamización musical de Ribadeo e a organización dun festival para todos os amantes da música.

No estrictamente musical, o DOMINGO 14 DE AGOSTO haberá teatro de rúa, pasarrúas con música balcánica, capoeira, percusión brasileira, etc de 20 a 22 horas no Cantón e Parque de San Francisco. E a partir das 22:00 horas, cunha entrada de 5 ¤, os concertos de

LA FRITANGA (ska, afrocubano, balcánica, rock)
REGGAETO (reggae)
WATCH OUT (funk, soul, funk rock)
DJ OSCAR & DJ BORJA (house)

E ao día seguinte, LUNS 15 DE AGOSTO, a música volverá á Praia dos Bloques, completamente de balde, a partir das 22:00 horas cos concertos de

OKINAWA (punk rock)
RIFF RAFF (versións AC/DC)
LIQUID SUN (rock fusión)
BÁSICO (rock clásico)