Zanfona en venda

Douvos un recado de parte dun zanfonista de Lyon.

Ten en venda unha zanfona. É un instrumento electroacústico construido en 2003 por Denis Siorat. Ten catro cordas cantoras, catro bordóns con cexillas regulables, tres tropetas, e doce cordas simpáticas. Clavilleiro mecánico. O sistema electroacústico inclúe potenciómetros para todas as cordas, ganancia e tono. Preamplificador incorporado. Saída única en jack estándar ou tres saídas ndependentes XLR.

Ten pouco uso e está prácticamente nova.
O prezo inicial, no sei se negociábel, é de 5.500 euros.

Interesados, contactar con Stephane en iazon@free.fr

Xurxo Romani