II Encontro de Pandeireta Peninsular

Galiza, Asturies, Cantabria e Euscadi.
A pandeireta do norte peninsular.

Domingo, 25 de setembro de 2005

Galiza, Asturies, Cantabria e Euscadi.
A pandeireta do norte peninsular.

Domingo, 25 de setembro de 2005

Profesorado


Soledad Rodríguez Aguirresarobe

Pandeireta cántabra

Soltxu iniciouse na pandeireta na Escuela de Folklore
de Torrelavega a mediados ds anos 90. Ten realizado numerosos concertos
como pandereteira tanto co grupo de folque Saltabardales coma co
dúo Pandereteras de Torrelavega. Ten gañado distintos concuros e
impartido aulas en diferentes escolas de folclore.

Imanol Urkizu Lertxundi

Pandeireta vasca

Profesor de pandeireta desde hai 20 anos e autor do método de pandeira
editado por Ikerfolk. Ten gravado discos con Kepa Junkera, Oskorri,
Maixa eta Itziar…

Eva Tejedor

Pandeireta asturiana

Eva Tejedor, cun recoñecido prestixio na percusión tocando o tambor,
tarrañuelas, pandeireta e bodram foi parte activa de Muyeres, con
quen realizou dous traballos discográficos. Eva Tejedor destapouse
coma cantante e pandereteira de talento no disco que comparte cos
seus irmáns Tejedor.

Chisco

Pandeireta galega

Director do grupo para a recuperación de bailes, músicas e cantares
tradicionais O Fiadeiro. Mestre de canto popular no Conservatorio
de Música Tradicional da Escola de Artes e Oficios de Vigo.

Programa
Mañá

Edificio do Antigo Conservatorio

10.00

Presentación e recollida de material

10.30

Cursos:

  • Aula 1. Pandeireta asturiana
  • Aula 2. Pandeireta cántabra
12.30

Cursos:

  • Aula 1. Pandeireta cántabra
  • Aula 2. Pandeireta asturiana
14.30

Comida

Tarde

Teatro Principal

Concertos didácticos:

17.00

A pandeireta en Euscadi

18.30

A pandeireta no Sur de Galiza: Pontevedra

Noite

Praza da Verdura

21.00

Serán urbán

Inscrición

Envía os seguintes datos ao correo electrónico conservatoriofolque@bandua.com:

  • Nome e apelidos
  • Enderezo
  • Teléfono
  • E-mail
  • Experiencia coa pandeireta (grupos, asociacións, escolas…)
  • Método de pagamento elixido (ingreso en conta ou pagamento en
    man o día do curso)

Pagamento

Prezos da matrícula:

  • 50 EUR (inclúe material)
  • 60 EUR (inclúe material e comida)

O pagamento pode realizarse de dúas maneiras:

  • En persoa, o mesmo día do curso
  • Mediante un ingreso en conta, antes
    do 20 de setembro
    . Datos da conta: Caixanova 2080-0401-63-0040184764.
    Lembra traer o xustificante do ingreso o día do encontro.