DAVIDE SALVADO & PEPA YÁÑEZ

UNHA NOITE NO MUIÑO NON É NADA…

Procedentes do mundo da música tradicional e folk, entre outros estilos,
estes artistas galegos achégannos por primeira vez o xénero do
Cabaret Daquí, unha incursión polo cabaret desde a óptica
da cultura popular galega, un show musical que bebe das fontes do tradicional
no que non falta teatralidade e comicidade. Por que a noite, a festa, a paixón
e a luxuria, como no Moulin Rouge, deuse no muíño, porque unha
noite non é nada e unha semaniña enteira sí que é
foliada. Por esta razón, e por outras máis, Davide e Pepa dispóñense
a "saír da artesa" para deixar fluír sen prexuízo
as súas innatas habilidades para o espectáculo. Neste exercicio
de terapia artística identitaria os nosos protagonistas sumérxense
en caldeiros de purpurina e destapan os Crooner que levan dentro, mesturan vellas
e novas músicas ata a hibridación total e reviven fórmulas
de fenómenos da canción de éxito -ou non-, que foron aparecendo
pola discografía galega das últimas décadas.

The Show must go on,
escomencemola pandeirada
escomencémolo baile xa!

Venres 19 ás 22:00 e sábado 20 ás 23:00, na Sala
Nasa
(Compostela).
Máis información e reserva de entradas en www.salanasa.com.