Queres coñecer a Historia da Música Galega?

Matricúlate en historia da MúSICA GALEGA no CMTF DE LALIN

UNICO CENTRO DONDE PODERÁS COñECER O PASADO MUSICAL DO PAIS PARA CONSTRUIR O FUTURO.

Programa: Achegamento ás diferentes evolucións da música en Galiza tendo como principais pontos de atención a música da sociedade tradicional galega e a popular music.

Obxectivo: Proporcionar os recursos para desenvolver ou xestionar con éxito calquera investigación-producción fundamentada na documentación musical galega.

Metodoloxía: casos, traballos en grupo, audicións, explicacións do profesor titular e outros convidados…

Imparte: RAMOM PINHEIRO. (Director artístico de Ouvirmos SL, codirector do I e II Postgrado de música tradicional da USC, productor artístico do disco “O gaiteiro do Fragoso” de Henrique Otero, ideia orixinal do Ano da Música de Pontevedra)

horario mañá: 12-13horas dos sábados no CMTF
VEN Á AULA DE HISTORIA E APROVEITA O TEMPO PARTICIPANDO GRATUITAMENTE NO COMBO DAS 13.00 HORAS.

horario de tarde: 18-19 horas

matrícula: 127 euros ao ano

VEXASE PROGRAMA COMPLETO EN TEXTO EXTENDIDO:

1. Precedentes e estado actual dos estudos sobre a historia da música galega:

Musicas formais vs. músicas populares
O concepto tradicional referido á musica.
A noción de galeguidade.
As fontes documentais e os centros de documentación musical.

2. A música na sociedade tradicional:

Principios culturais e musicais do occidente europeo.
Prácticas musicais na sociedade tradicional.
O calendario relixioso e profano.
A música como elemento de conformación social.
Reelaboración comunal.
Representacións iconográficas.
A ancieng song en Europa.
A canción popular galega.
Contratos dos músicos populares: prácticas profesionais.
Os cegos andantes.
As danzas gremiais.

3. O cambio social:

Supervivencias das practicas musicais.
Conformación da música popular urbana.
A música tradicional e o seu rexurdimento.
Traballos de recompilación e reinterpretación.
Aires de música tradicional en autores clásicos.
A folclorización da tradición.

4. O século XX. 1904-1936

A era da música grabada.
O folclorismo e os folcloristas.
Principais formacións musicais ao comezo do século XX.
A nova música popular.
A música da Emigración.

5. O século XX. 1936- 1968

A posguerra.
Incautación do folclore e dos colectivos, encadramento no aparato do estado.
Novo contexto para a gaita de fol.
Os novos compositores da música tradicional.
Escolania de gaitas e sanfonas de Lugo.
As grabacións etnomusicolóxicas.

6. 1968- 2000

Unha sociedade que se urbaniza.
Novas formacións de música tradicional.
Unha outra música galega.
Os últimos tocadores-as.
As asociacións de promoción da tradición instrumental.
Novas perspectivas para o ensino.
Madurez do artesanato.
A música tradicional nas empresas de ámbito cultural.