Nelson Quinteiro en Artábria

Pois si amig@s… o sábado 22 de outubro, a partir das 22:30 deixareime cair cos meus trebellos pola Fundaçom Artábria, en Ferrol.

Monólogo… musical… performance tradicional… non vos sei… xa lle deron vinte mil apelativos pero o caso é que nin eu mesmo sei como chamarlle a este “chou” que tamén outros denominaron “Pandeireta en modo interactivo”.

Na hora e media que me hei de por diante vosa hei bailar un pouco de danza contemporánea… hei cantar… hei contar… e coa vosa axuda tentarei que cada un poña o seu granciño de area para falarvos un pouco do meu imaxinario personal.

Pouco mais. Ou pouco menos, que é dabondo.
Unha aperta e até o sábado, entón.

PD: Si; o da foto son eu!