II Cesta MUSICAL

Despois do suceso acadado pola I Cesta MUSICAL, 1º concurso da comunidade folque para promover a web e as novas musicais folque, gañado polo músico Xan Pampín de Xochilmica continuamos coa iniciativa.

II CESTA MUSICAL

Aquel usuario-a que envie mais notícias e sexa mais activo-a en www.folque.com
desde o dia 29 de novembro até o último dia do mes de xaneiro gañará:

  • A matricula gratuita dun curso monográfico completo. O curso monográfico que mais lle interese. Os cursos monográficos de Lalín publicitanse despois do Natal.
  • 2 entradas para un dos concertos que Asociación do CMTF organize entre xaneiro e xuño do 06.

1, 2, 3, 4, 5 , 6, 7…. comezamos a contar.