PRESENTACIÓN do II Curso de Postgrao en Música Tradicional Galega

O II Curso de Posgrao en Música tradiconal Galega, organizado pola Universidade de Santiago de Compostela e no que participa o Conservatorio de Música tradicional e Folque de Lalín presentara-se o próximo VENRES 26 ás 16:00h no PARANINFO DA UNIVERSIDADE. (Faculdade de Xeografía e Historia).

Na presentación, que está ABERTA AO PÚBLICO, haberá unha actuación musical do duo de violino e harpa formado por Alfonso Franco (Profesor de violino na Universidade Popular de Vigo) e Paula Oanes.

Estarán presentes os distintos responsáveis académicos entre os que se atopa o Rector da U.S.C. Senén Barro, ou o Co-director do Curso Ramón Pinheiro, profesor de Historia da Música galega no Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín.

www.cemt.com