Saudade. Novo disco de Luar na Lubre.

Unha vez mais a história repétese e os grupos galegos inspiranse en América.

Marful comezou a fixar-se nos ritmos americanos hà 5 anos e collendoos como fonte de inspiración fixeron as suas propias cancións, Os Cempés versionearon unha peza do Gaiteiro de Texas ao escuitalo nas aulas de Histora da Música Galega no CMTF de Lalín, Uxía Senlle canta Garufa, Oscar Ibañez di que fai música transoceánica e Carlos Nuñez fala unha e outra vez da música en relación con América, reeditase grabacións do mais afamado gaiteiro americano Manuel Dopazo, …e os gaiteiros de Soutelo, Ofelia Nieto e tantas geracións pasadas cruzaron física ou mentalmente o Atlántico.

Agora depois da vaga celta e outras, agora toca mirar unha outra vez ao continente que acolleu a miles de galegos e galegas.

SAUDADE o novo disco de Luar na Lubre tamén vai hacia aló.

O motivo máis repetido na escrita de pedra en Galicia, é o dos círculos concéntricos. Cando os observamos, cando seguimos o surco coa xema dos dedos, sentimos que esos gravados seguen tendo sentido para nós. Esa imaxe astrográfica no manuscrito da terra vén a mín, a medida que avanza a escoita de Saudade, a última entrega de LUAR NA LUBRE. Música que vén e vai de dentro a fóra e de fóra a dentro. Coma a propia idea da palabra “saudade”, nada galego-portuguesa e que forma parte do patrimonio universal para expresar un sentimento que non só ten que ver coa memoria da perda, senón tamén, e convén subraialo, coa nostalxia dun porvir máis venturoso.

Os círculos concéntricos de Saudade contén e narran a historia. Se trata dunha historia que arranca con dor, con almas amputadas, cantos e aires feridos, metidos nun fuelle de pel humana como nun guante de boxeo. Pero é tamén, a da emigración e o exilio galego, unha historia de novos afectos, de encontros, de resurgimentos.

Saudade é un fogar, pero tamén un andar. É un disco de primeira casa, de casa natal, co seu berce. Pero tamén casa circular, casa ave que se orienta en función do sol e dos ventos, casa embarcadeiro, casa faro con serea para as néboas. Saudade é un fogar nómada.

Hai unha falsa idea da tradición musical como repetición, incluso coma virtuosa repetición. Na realidade, a forma de música popular ten que ver moito co singlar mariño, co movemento do remeiro. Mira cara atrás para desprazarse con máis forza cara adiante.A súa panorámica é cada vez máis ampla, máis aberta. Así é o movemento de Saudade.

LUAR NA LUBRE hoxe é un grupo internacional. Sempre mirou cara diante. Con seis Premios da Música, dous discos de ouro e máis de 600 concertos en xiras por Europa, América e Asia dándolles forza. Saudade é o seu novo proxecto que os vai embarcar por unha longga xira por España, Holanda, Bélxica, Alemania, Xordania, UK, Portugal, Arxentina, Venezuela, Chile e Uruguay por onde mostrar o seu mapa emocional, feito de afectos e de vontades solidarias, moito máis real cós mapas convencionais, tantas veces marcados a lume.

LUAR NA LUBRE presenta a súa gran novidade neste disco coa voz de SARA VIDAL, nova cantante lisboeta que vai achegarnos ás súas cancións no futuro. Terra, emoción e soños nos círculos do seus cantos.

No “Domingo Ferreiro”, a voz de LILA DOWNS e a letra do poeta González Tuñón serven para homenaxear a un lexendario gaiteiro, probablemente o mesmo do que quedou memoria como El Gaitero de Texas. “Nova Galicia” nace dun arranxo que o xenial guitarrista mexicano Manuel María Ponce fixo dunha cantiga popular galega. No “Galego güajiro “os circos concéntricos teñen a forma musical da alborada, a güajira cubana e a pandeirada.

Na Arxentina, ADRIANA VARELA interpreta con voz de tango, esa música de arrabal planetario que os galegos tamén fixeron súa, o poema de García Lorca “Cantiga do neno da tenda”. No Brasil, no “Teu nome, Amarante” (un topónimo común a Galicia, Portugal e Brasil), CIDA AIRAM ponlle voz a terra e aos Sen Terra. Na Venezuela, LUAR NA LUBRE recupera unha peza na que a percusión, o pandeiro, misturanse co latido dun corazón revolucionario. É a “Pandeirada do Che”que compuxeron nos anos sesenta FARRUCO SESTO e Xulio Fermoso, dous fillos da diáspora galega. Esa canción, nesa ida e volta, chegou a Galicia e emocionou a moitos mozos da revolta estudiantil galega contra a dictadura. É unha canción con historia en cada surco. Naquela gravación primeiro soaba o pandeiro do poeta Celso Emilio Ferreiro. Agora non está, pero percute: retumba.

E logo está ese encontro que redondea a esfera armilar, esa maravilla de LUAR NA LUBRE con PABLO MILANES, interpretando “Tu gitana” do lexendario cantor portugués e internacionalista Zeca Afonso.

No núcleo, no primeiro círculo de Saudade, a canción “No desterro”, coa letra de Celso Emilio e composta por Miro Casabella. Esa é tamén a identidade galega: terra e desterro. Árbol descepado. Cunha convertida en barca e, tal vez, en ataúde.

No núcleo, o tema xerminal: “Saudade”. Recollido dun gaiteiro do lugar de Liñeiro. Unha marcha procesional que se tocaba en vodas e enterros, para a ledicia e o adeus. Aquí, “Saudade” soa camiño da balada, como un canto de berce que acompasa e arrola a harpa de EMILIO CAO. Iso é o novo de LUAR NA LUBRE: Tradición con Saudade de futuro.