Exposición: “Almanaque Agrícola” de Pablo Giraldez “O Pastor”.

O Conservatorio de Lalín inaugura o dia 19 de novembro a Exposición “Almanaque Agrícola” de Pablo Giraldez “O Pastor”.

Quen é?
O Pastor é escenógrafo, pintor, cartelista. O Pastor deseñou os 3 discos de Chouteira, O Circo Montecuruto de Os Cempés, o cd Cantigas de Natal, os dous cds de José Miguel López de Radio 3, as máscaras de Castelao para o CGAC, escenografia para compañias galegas de teatro. O Pastor tivo a ideia orixinal de Arte Lixo en Redondela, fai cartelaria para o CMTF, para o Festival de Titires de Redondela, traballado con Tanxarina…

O Pastor é un artista vinculado coa música galega e sensibilizado con ela igual que no seu dia Camilo Diaz Valiño (pai de I. Díaz Pardo) traballaba cos Coros Galegos e cos músicos do seu tempo.