A voz de Palestina en Lalín

Asociación Manuel Ferreiro informa:

Ola a tod@s!!
Sabedes que colaboramos con Solidariedade Internacional Galicia, que é una ONG que ten proxectos en todo el mundo. Un deles é de axuda humanitaria na franxa de Gaza.

Dende que comenzou a 2ª Intifada, Gaza experimentou a máis grande recesión económica, o PIB descendeu 40% e a pobreza pasou de afectar a 20% ao 64% da poboación.

Este mércores día 9 de novembro 2005 ás 21 h., dous médicos que traballan en Gaza veñen a Asociación MANUEL FERREIRO (Lalín, rúa F, nº 27) e contarannos toda a súa realidade.

É unha oportunidade única para coñecer de primeira man o conflicto palestino – israelí e a situación na que vive a poboación palestina.

Esperámosvos a tod@s.
Soledad.