Concerto da Banda de Música de Lalín

A Banda de Música de Lalín, dirixida polo italiano Matteo Giovanni e acompañada do solista de vento José Orentino Sueiro, actuará este sábado grazas ao patrocinio de Caixanova no Auditorio Municipal de Ribadeo.

A Banda de Música de Lalín é unha das máis prestixiosas de Galiza, grazas ao traballo que desenvolveu durante anos o holandés Marcel Van Bree, e que recolleu desde 2004 o actual director.

O programa do concerto será o seguinte:

  • Pasodoble Música i poble, Ferrán Ferrer
  • Vesuvius, Frank Ticheli
  • Poeta e Aldeano, Franz von Suppé
  • Fantasy, Philp Sparke
  • Saga Cándida, Bery Appermont

    O concerto terá lugar ás 20:30 horas e será gratuíto.