Nelson Quinteiro na Repichoca

Unidade didáctica nº 1

Este é o nome do actual espectáculo de Nelson Quinteiro, e que xa ten sido presentado en A Coruña, Vigo, Ferrol, Ordes e na XXII Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas.

A seguinte parada será o xoves que vén, 17 de novembro no bar “A Repichoca” de A Coruña (R/ beiramar) ás 23:00.

Trátase dun número a cabalo entre o monólogo, o recital, o contacontos, o musical, o cabaré ou incluso a performance.

Nesta “Unidade didáctica nº 1” Quinteiro fai un percorrido polos diferentes xéneros da música tradicional galega, sobre todo da tradición oral, combinando contos, cantigas, ritmos orgánicos, caseiros ou pandeireta.

Canteiros, conserveiras, labregos, cantares de cego, mariñeiros, feirantes, cregos, militares ou emigrantes van pasando pola galería do noso cantareiro nesta unidade didáctica que aborda dun xeito posmoderno o feito de sermos galegos.
Galegos coma o grelo, coma a vaca marela, coma Fraga, PacoVázquez ou Raxo-y. Coma Ana Kiro. Coma ti.

Nesta Unidade Didáctica até “Lluli Andrius” ou Heidi poden rematar sendo galegas… ou senón, como mínimo… parecelo…