Quico Cadaval no LICEUM

Esta semana, e xa para rematar este ano, un broche de ouro a nosa programacion, Quico Cadaval evidentemente dende que voltamos a programar, estivemos tentando que actuase, pero nunca foi posibel, esta claro que non nos rendimos e que si conseguides entrada teredes a risa garantizada. Criouse nunha taberna, e comezou a súa vida vendo o mundo á altura da pitrina, e escoitando a confusión de voces dos clientes da súa nai. Anos despois contáballe ás amizades as aventuras daqueles tempos escuros.

Un día que Mofa e Befa non deron criado un esquetch para un compromiso botaron a Cadaval ao escenario e durante 40 minutos falou X falar. Foi o comezo da súa carreira na forma máis económica do teatro. Contar contos.

Repúgnalle o vocábulo contacontos para referirse á súa arte. Tivo dous grandes fracasos, unha actuación para bébedos enmascarados no entroido de Malpica, e un relato para presuntos asasinos na prisión federal de Pereiro de Aguiar. Tamén tivo sucesos, mais non son lembrados por ninguén. Representou a Galiza en diversos eventos internacionais de contadores de historias (Buga, Braga, Guadalajara, Luz-Saint-Sauver) e non trouxo ningún trofeo para acrescentar á vitrina da casa. Sera o venres 25 de Novembro, as 23 horas.

Os prezos 3 euros e 1,5 para socios.
Tamen podedes botar man da nosa paxina web barliceum.com.

[+ info: programación Bar Liceum do 14/10 ao 25/11/2005]