concerto de Nordestin@s en Mera [Oleiros] este sábado 26 de novembro

O vindeiro sábado 26 de novembro de 2.005, ás 20:30 horas, terá lugar no Auditorio de Mera [Oleiros – A Coruña] un concerto de NORDESTIN@S:

Dúas voces galegas de máxima actualidade que modelan o repertorio mariñeiro do Norte: Guadi Galego (Berrogüetto) e Ugía Pedreira (Marful).

As dúas traballan xuntas no Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín, alí atopáronse e recoñeceron o seu universo mariño particular: O mar do Norte.

No seu concerto achéganse á súa infancia, á musica popular que lle transmitiron os seus pais: cancións populares dos 70, habaneiras, cancións mariñeiras, cancións de taberna… e xúntana coas súas propias composicións que tamén miran ao mar.
Todo isto envolto cos arranxos, a elegancia e o talento dun dos mellores músicos de jazz da Península, o lucense Abe Rábade.
A paixón das NORDESTIN@S mestúrase co jazz de Abe dun xeito espontáneo e natural.

Un piano de cola,
dúas mulleres con medias de rede
e unha escolleira, a escenografía do artista mindoniense, Caxigueiro.
Unha viaxe pola costa, da man dos sentidos norteños.

Para máis información ou entrevistas dirixirse a:

  • 627 903 958 Guadi Galego
  • 669 953 527 Ugia Pedreira
  • 686 900 208 Abe Rábade

    A venda de entradas efectuarase na taquilla a prezo de 1,20 ¤.
    Fotografía promocional Nordestinas [534 KB]

    información enviada por lolipop e máis por:

    Abada, Xestión Cultural
    Vía Pasteur, 5 – 2º A – Polígono do Tambre
    15890 Santiago de Compostela
    Tlf/fax. 981 576 574

    info[a]abada.es
    www.abada.es