RECITAL NO CGAC As poetas contra a violencia do xénero [22/11/2005 14:16] Vieiros No acto participarán as poetas Ana Romaní, Antía Otero, Chus Pato, Enma Couceiro, Helena Villar, Marga Doval, María do Cebreiro, Marilar Aleixandre, Mª Xosé Queizán, Margarita Ledo, Marica Campo, Marta Dacosta e Yolanda Castaño. A música virá da man de Carme Dor e Ugía Pedreira, coa danza de Branca Novoneira. O recital celebrarase no salón de actos do Centro Galego de Arte Contemporánea, CGAC, de Santiago o vindeiro xoves 24 de novembro ás 20.00 horas. |