Edicións da ROTONDA

A primeira editorial de contidos de libre distribución en galego. O noso espazo primeiro é a Rede. Todos os materiais aquí publicados son susceptíbeis de edición física e de vender moitos exemplares.

A maioría dos contidos publicados en EDR son de libre distribución, isto é, todo o mundo conta con permiso para copialos, fotocopialos e distribuilos de maneira libre e sen fins comerciais. Con esta premisa, cada autor da Rotonda escolle que dereitos se reserva sobre a súa obra. Para iso utilizamos a flexibilidade das licenzas Creative Commons.

Quen fai isto?
Ediciós da Rotonda é unha vella idea de María Yáñez e Berto feita por fin realidade o 7 de novembro de 2005 ás 21:20.

O deseño gráfico e o desenvolvemento da web son cousa de Berto. A maioría dos textos xenéricos e traballos de produción fainos María. Calquera dos dous atende no e-nderezo editora[a]arotonda.com.

Identidade gráfica
O logotipo de Ediciós da Rotonda pide ser copiado e difundido polo mundo virtual e físico, aqui o tes en diversos formatos para non ter excusa:

ai | eps | pdf | svg
Obrigadísimos a Óscar Otero pola idea da rotonda con asas.

Licenzas
Os contidos xenéricos d’A Rotonda están publicados baixo esta licenza Creative Commons. Os contidos especiais publicados pola editora poderán empregar esta licenza ou outras, segundo os dereitos que queiran reservar os autores.

Difunde a idea
Se queres falar de nós ou enlazarnos dende a túa web aquí podes copiar estes dous bonitos botóns para a túa web:

GIF, 110×45 px | GIF, 150×110 px

arotonda.com