Entrevista a Guadi Galego

Guadi Galego espida.
Esta grande voz nada en Cedeira e coñecida por ser a cantante dun dos grupos de folque mais recoñecido, Berrogueto editará proximamente un novo disco, ESPIDO co guitarrista e compañeiro de grupo, Guillermo Fdez.

Esta será a portada e esta é a entrevista que lle fixo Ugia Pedreira a Guadi seguindo algunha pergunta musical do libro “El pop después del pop” de Pablo Gil editado pola Biblioteca Rockdelux (recomendamos).


  • 1: Cal é a tua definición de música
    popular?

    En termos sinxelos a música popular e pra mín
    a música que o povo fai súa ao longo de muitos anos e que transforma
    en base á súa evolución. En cada poviño cántase
    o mesmo tema de maneira diferente máis segue a ser o mesmo…
  • 2: Cais foron as tuas influencias na maneira de entender
    a música e cómo te acercaches a ela, ou como ela te tocou a
    ti?

    As miñas influencias musicais van dende o clásico ata o pop
    pero a miña esencia e a música tradicional, de feito o meu primeiro
    contacto musical é como gaiteira, logo pianista e máis tarde
    cantante pero sempre en base á música tradicional que me cautivou
    dende nena.
  • 3: Que é o máis influente que che aconteceu
    na tua música durante estos 5 anos?

    Se cadra o contacto con outros músicos e músicas, a música
    de doutros, a palabra como letra de canción e unha perspectiva máis
    universal da música.
  • 4: Imaxina que escuitas unha canción por vez
    primeira e que inmediatamenteche encanta. Cómo seria a canción
    perfeita?

    A Canción perfeita é a que cada un quere facer, a que esta ben
    resolta melódicamente e ritmicamente, a que che chega adentro….etc
    hai miles de
    xeitos de entendelas mais eu sintoas de lonxe…cando escoito unha canción
    digo é boa ou non é tan boa…..
  • 5: Cal seria o consello que lle darias a unha banda
    que tá comezando?

    Non gosto de dar consellos pero se tivera que volver atrás disfrutaría
    de cada concerto e de que cada ensaio moito máis, intentar a prender
    dos demais todo o que se poda. Creer no proxecto que se está a facer.
  • 6: Qué pensas cando escuitas un grupo que
    sona como Berrogueto?

    Pensaría que é unha banda con un sonido moi personal, único,
    e que se nota que levan 10 anos xuntos…que soan a BANDA.
  • 7: Cómo comezas a traballar unha canción?
    en qué termos pensas?

    Primeiro na música e na letra, na parte máis esencial, se isto
    me convence vou adiante co plano estético. Se a esencia falla eu xa
    non podo continuar, nunca me vai convencer.
  • 8: Cal é o motivo último polo que fas
    música?

    Fago música por necesidade "espiritual". Vivín música
    dende que nacín, o meu pai era músico aficionado e transmiteume
    todo iso, é unha necesidade.
  • 9: Cómo te definirias musicalmente?
    Nen idea, fago música Universal, dende Galiza, país occidental
    con cen mil influencias, en galego e coa miña esencia a que vivín,
    coa que me criei a música popular, a música tradicional….
  • 10: Qué significa vangarda musical para ti?
    Na música está todo inventado o que crea que inventa algo probablemente
    se equivoque ou teña escoitado pouca música …ser vangardista
    nun
    país non significa selo en outro. A fusión antes era vangarda
    e agora todo ou case todo é fusión. A vangarda é unha
    tendencia de nome un apelido que
    vale para moito todo depende dende que óptica o mires e quen o escoite
    claro.
  • 11: Cómo afectou na tua música criarte
    en Cedeira?

    Son de Cedeira, militante, do mar do Norte onde sona o mar e a música
    asociada ás tabernas , é unha Filosofía de vida. Cedeira
    e o mar
    están presentes sempre en mín, por iso este ano co novo proxecto
    NORDESTIN@S, con Ugia Pedreira e Abe Rábade vou ver colmada unha paixón,
    cantar ao mar, cantar ao norte e á miña xente, as cancións
    da miña VILA…VIVA CEDEIRA.
  • 12: En qué andas agora?
    O próximo 15 de Decembro sae ESPIDO, un dúo con Guillermo
    Fernández, guitarra e voz, temas propios de autor e tres adaptacións
    Tradicionais.ESPIDO é un autoregalo, algo que queriamos facer dende
    hai tempo ,os nosos temas ao desnudo, unha osadía se cadra, e que por
    fin chegou. NORDESTIN@S do que xa falei e como non, en Primavera o próximo
    cd de Berrogüetto que este ano xa van DEZ.