NARF en Varsovia e Cracóvia

FRAN PEREZ

A música de NARF continúa trazando liñas no mapamundi nunha viaxe de sons que chega agora a Polonia. Recén chegado de Maputo (Moçambique) onde prepara o seu proxecto xunto ao grupo Timbila Muzimba, NARF en solitario chega ás cidades de Varsovia e Cracovia. Na primeira delas actuará o sábado 3 de decembro ás 18:30 no Klub Indeks (Ul. Krakowsbie Predmiescie 24/www.indeks-klub.pl), un dos espazos máis dinámicos da cidade polaca que conta cunha programación musical variada e contínua. En Cracovia poderán disfrutar do directo de NARF ao día seguinte, o domingo 4 de decembro ás 18:30 no famoso club de jazz U Louisa (Runek Glówny 13/www.ulouisa.com). Á volta de Polonia, NARF actuará en Queluz-Massaná, perto de Lisboa, no TeatroEsfera xunto ao actor e director teatral Quico Cadaval.

[+ info: www.psicofonica.com/narf.html]

A música galega está que se sae… e o folque avanza con outras sonoridades.
O folque vai mais alá da gaita e da pandeireta, porque folque é toda a música popular.
Desde folque.com seguimos tamén a Fran Pérez.