Son de Leilía

Leilía estamos a presentar “SON DE LEILÍA” que é unha proposta novidosa, creada por nós e coa colaboración de Ana Vallés, coa que celebramos os 15 anos que levamos sobre os escenarios. Con este traballo amosamos os vínculos que nos unen, os motores que nos moven…

Nesta ocasión, a música vai da man do teatro e do humor, e o que tentamos é facerlle chegar ó público o que realmente somos, cinco mulleres moi diferentes, con cadansúa vida privada pero que teñen en común un “SON DE LEILÍA” que nos identifica e nos caracteriza.

As datas próximas son:
26 de novembro na Estrada ás 21:00
28 de novembro en Muros ás 18:00
16 e 18 de decembro no teatro Galán