As embalaxes da vida

Unha maleta, símbolo da viaxe, acompaña a nosa vida: nela gardamos aquilo que queremos levar connosco, a bagaxe do noso pasado. Embalamos os momentos importantes da vida para que non queden ciscados polo tempo. Viaxe como partida, como evasión, mais tamén interior, solitaria, vital: a viaxe da vida. A compañía Malalúa, unha das novísimas da escea galega, achégase a Ribadeo para mostrarnos a súa proposta, sen decantarse por ningún xénero en concreto e bebendo da pluralidade de estilos. Minimalismo, surrealismo, comicidade e risco.

Unha proposta diferente, para os que gostan de explorar e participan da construcción do sentido da obra.

DOMINGO 11 de DECEMBRO
Auditorio Municipal de Ribadeo
20:30 HORAS